Saltar ao contido

Vasopresina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Regulación da diurese pola ADH e aldosterona

A vasopresina ou hormona antidiurética (HAD, ou en inglés ADH), é unha hormona humana que é secretada cando o corpo está con pouca auga; facendo que os riles conserven a auga, concentrando e reducindo o volume da urina. Esta hormona tamén é chamada de vasopresina, pois aumenta a presión sanguínea ao inducir unha vasoconstrición moderada sobre as arterias do corpo.

A vasopresina é secretada pola neurohipófise (porción posterior da hipófise), mas é producida por células nerviosas do hipotálamo que estenden seus axóns até a neurohipófise.

O alcohol (do consumo de bebidas alcohólicas) suprime a produción do ADH, aumentando a diurese.

Problemas causados por produción errada de ADH

[editar | editar a fonte]

Persoas con insuficiencia cardíaca poden ter seus receptores superestimulados, que por súa vez estimulan a produción do ADH. Esta síndrome é coñecida como "síndrome de secreción inadecuada de ADH", "hormona antidiurética de secreción inadecuada", "síndrome da secreción inadecuada de vasopresina", "síndrome de Schwartz-Bartter" ou simplemente de SIHAD. Esta síndrome, en raros casos pode tamén ser producida por unha doenza do hipotálamo. O outro lado, a falta de produción do ADH causa a Diabetes insípidus.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy