Saltar ao contido

Vespasiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVespasiano

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Titus Flavius Vespasianus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de novembro de 9 Editar o valor en Wikidata
Falacrina (Italia) Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xuño de 79 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Aquae Cutiliae (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRoma Editar o valor en Wikidata
Emperador romano
21 de decembro de 69 – 24 de xuño de 79
← VitelioTito Flavio Sabino Vespasiano →
Plebeian aedile (en) Traducir
38, 39 –
Pretor
Senador romano
Cónsul romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónRelixión na Roma antiga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano, Exipto grecorromano, Era do Exipto romano, Dinastia flaviana (pt) Traducir e principado Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarlegado romano Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloEmperador Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastia flaviana (pt) Traducir e Flavii Sabini (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeDomitila a Maior Editar o valor en Wikidata
ParellaCaenis Editar o valor en Wikidata
FillosTito Flavio Sabino Vespasiano
 () Domitila a Maior
Domitila a Menor
 () Domitila a Maior
Domiciano
 () Domitila a Maior Editar o valor en Wikidata
PaisTito Flávio Sabino Editar o valor en Wikidata  e Vespásia Pola Editar o valor en Wikidata
IrmánsTito Flávio Sabino
Flavia Vespasia Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Encyclopedic Lexicon (en) Traducir
Enciclopedia militar Sytin Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5061050 Find a Grave: 34551100 Editar o valor en Wikidata
Vespasiano

Caesar Vespasianus Augustus, nado en Falacrinae o 17 de novembro de 9 e finado nas proximidades de Rieti o 23 de xuño de 79, coñecido con anterioridade como Titus Flavius Vespasianus, foi un emperador romano. Subiu ó poder no ano 69, despois de ser nomeado polas lexións de Oriente, en contra do nomeamento de Vitelio. Con este emperador iníciase a dinastía Flavia, destinada a rexer Roma durante un cuarto de século.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tivo que realizar un moi difícil labor de pacificación, xa que o Imperio estaba nunha auténtica guerra civil dende os tempos de Nerón. Soubo gañar a lealdade do exército, que tornaría nunha peza chave da gobernabilidade. Puxo orde na administración, dando entrada nela á clase ecuestre, e rematar deste xeito co monopolio dos libertos imposto por Claudio, e restableceu a paz.

As feridas morais e materiais das guerras civís pronto desapareceron e Roma entrou nunha etapa de estabilidade.

En Oriente, puxo fin á rebelión dos xudeus. Tito, vinculeiro de Vespasiano, sufocouna, tomou Xerusalén e destruíu o seu Templo (70). Tamén foi necesario cortar de raíz o intento do outrora fiel Marco Antonio Primo, que se propuña independizarse nas Galias. O exército destas provincias e mailo do Rhin foi redistribuído e Tito foi nomeado o seu prefecto.

Vespasiano tivo bo coidado de manter boas relacions co Senado, ó que consultaba tódolos asuntos e no que sentou numerosos representantes da aristocracia provincial, especialmente de Occidente. A súa política respecto ás provincias foi quen de impulsar a romanización, crear novas colonias e estender os beneficios da cidadanía romana. A latina foille concedida cando menos a 120 municipios de Hispania, o cal implicaba que os seus maxistrados, pertencentes na súa meirande parte á clase media local, accedesen á cidadanía romana ao ano de desempeñar o seu cargo.

A actuación dos gobernadores foi rigorosamente fiscalizada para evitar que fixesen abusos sobre dos naturais do país, o cal sempre acababa con reaccións antirromanas e rebelións.

Tamén na orde económica tratou de sanear as finanzas, despois do período de desorde anterior. Esta política, que lle custou a acusacion da avaricia, non tardou en dar os seus froitos e os Estado pronto puido contar con fondos non só para atender os seus orzamentos normais, senón en acometer ambiciosas obras suntuarias como o templo Capitolino e o famoso anfiteatro Flavio, máis coñecido como Coliseo, edificado en parte sobre da Domus Aurea de Nerón, que fora derrubada.

O emperador non quixo correr riscos en aventuras exteriores e renunciou a calquera expansión. A súa preocupación fundamental foi o reforzamento das fronteiras. A conquista dos Campos Decumates, unha rexión xermánica comprendida entre os ríos Danubio e Rhin, explícase como unha zona de seguridade para garantir o dominio sobre as provincias limítrofes.

Tito Flavio Vespasiano morreu no ano 79, despois de ter asociado ao seu fillo Tito ao goberno.

Imperio Romano

Segue a:
Vitelio
Vespasiano
(69-79)

Precede a:
Tito
Dinastía Flavia
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy