Vilamartín Pequeno, Barreiros
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Vilamartín e Pequeno.
Vilamartín Pequeno | |
---|---|
Antiga escola de Vilamartín Pequeno. Na placa que se observa xunto á entrada pódese ler Plan nacional de construcciones escolares - año 1961. | |
Concello | Barreiros[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°29′24″N 7°12′16″O / 43.48991667, -7.20452778 |
Poboación | 42 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Xoán Degolado de Vilamartín Pequeno é unha parroquia que se localiza no concello de Barreiros. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 68 habitantes (36 homes e 32 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 76 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 49 habitantes, sendo 26 homes e 23 mulleres.
Limita ó oeste, rego de Lexoso por medio, con Vilamartín Grande.
É o lugar por onde entra o Camiño Norte de Santiago en Barreiros, dende Arante, Ribadeo antes de pasar a Vilamartín Grande.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vilamartín Pequeno dende Vilamartín Grande
-
Cemiterio de Vilamartín Pequeno
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Vilamartín Pequeno
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Vilamartín Pequeno no concello de Barreiros (Lugo) | |
---|---|
A Aguá | A Aldea de Baixo | A Aldea de Riba | A Cabana da Vella | As Cabanas | A Regueira |