Saltar ao contido

Vilar de Santos

Modelo:Xeografía políticaVilar de Santos
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°05′08″N 7°47′48″O / 42.085555555556, -7.7966666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalVilar de Santos Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación792 (2023) Editar o valor en Wikidata (38,26 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie20,7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude632 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAntonio Míguez Nogueiras Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Vilar de Santos Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32090 Editar o valor en Wikidata

Sitio webvilardesantos.gal Editar o valor en Wikidata
Facebook: concellodevilardesantos Twitter: VilardeSantos Editar o valor en Wikidata

Vilar de Santos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2017 tiña 850 habitantes (1.001 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilasantés».

Poboación

[editar | editar a fonte]
Censo total 850 (2017)
Menores de 15 anos 64 (7.53 %)
Entre 15 e 64 anos 459 (54 %)
Maiores de 65 anos 327 (38.47 %)
Evolución da poboación de Vilar de Santos   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
1514 1592 1792 1967 1004 991 942 922 923 922
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

No territorio do concello consérvanse restos prehistóricos como mámoas e castros en Laioso, Mosqueiro, Vilar de Santos e Saa. Da pegada desa época consérvanse topónimos como Pedra da Anta, o Penedo da Moura ou A Cidá[1]. A arracada de Vilar de Santos, conservada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, é unha peza de ourivaría de ouro decorada con varios patos. Foi descuberta en 1924 por Benito Saburido en Albariño. Pasou a mans do cura párroco de Vilar de Santos, Marcelino Feiria, quen a vendeu ao Museo en 1979.[2] A zona estivo habitada pola tribo dos Límicos até a romanización de Galicia. Pola parte sur do concello cruzaba a Vía Nova do itinerario de Antonino, que unía Braga con Astorga. En Parada de Outeiro había unha vila romana.

Tanto a igrexa parroquial de Vilar de Santos como a de Parada de Outeiro conservan arquitectura románica. Durante o Antigo Réxime o territorio dependía da xurisdición de Sandiás. Vilar de Santos, Saá e As Casas da Veiga pertencían á Encomenda da Orde de Santiago, Parada ao señorío do Marqués de Malpica e Laioso ao señorío de Ozores e Soutomaior. En 1836, trala división territorial de España en 1833, constituíuse o concello de Vilar de Santos.

En 1992 inaugurouse o Museo Comarcal da Limia[3], na vella casa reitoral de Vilar de Santos. En 1998 creouse o Parque empresarial de Santa Marta, e tamén nesa época iniciouse a recuperación da aldea de Saa para o seu aproveitamento turístico. En 2005 Vilar de Santos foi recoñecido pola UNESCO como Reserva da biosfera Área de Allariz xunto cos concellos de Allariz, Rairiz de Veiga e A Bola[4].

O concello está atravesado pola estrada OU-531 entre Xinzo de Limia e Celanova, parte da antiga C-531.

Política

[editar | editar a fonte]

Desde o ano 2007 o alcalde é Xoán Xardón.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilar de Santos

Parada de Outeiro (Santa María) | Vilar de Santos (San Xoán)


Lugares de Vilar de Santos

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilar de Santos vexa: Lugares de Vilar de Santos.

  1. Historia, na web do concello de Vilar de Santos.
  2. Rodríguez González, X. (2004):, Arracada de Vilar de Santos Arquivado 12 de maio de 2021 en Wayback Machine., peza do mes do Museo Arqueolóxico de Ourense.
  3. Museo da Limia, web oficial.
  4. Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, na web do concello de Vilar de Santos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy