Xardín chinés
O xardín chinés é un estilo de xardín paisaxístico que evolucionou ao longo de tres mil anos. Inclúe tanto os vastos xardíns dos emperadores chineses e membros da familia imperial, construídos para o pracer e para impresionar, como os xardíns máis íntimos creados por estudosos, poetas, ex-funcionarios do goberno, soldados e mercadores, feitos para reflexión e a fuga do mundo exterior. A finalidade é crear unha paisaxe idealizada en miniatura, que pretende exprear a harmonía que debe existir entre o ser humano e a natureza.[1]
Características
[editar | editar a fonte]Un xardín chinés típico está pechado por muros e acolle un ou máis estanques, esculturas, árbores e flores, así como varias estancias e pavillóns dentro do xardín, conectados por camiños sinuosos e galerías en zigzag. Ao movérense de estrutura en estrutura, os visitantes poden ver unha serie de escenas compostas coidadosamente, como desenrolando un rolo de pinturas de paisaxes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Michel Baridon, Les Jardins - paysagistes, jardiners, poḕts. p. 348
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xardín chinés |