Saltar ao contido

Buda

En Galicitas, o Wikiquote en galego.
Buda. (Image:Hong Kong Budha.jpg)

Siddharta Gautama (século VI a.C. - c.563 a.C. - c. 483 a.C.) naceu en Kapilavastu, no Himalaia, territorio do actual Nepal. Era máis coñecido como Buda, o iluminado. Foi un filósofo, profesor e líder espiritual, fundador do Budismo.



  • "Todo o que naceu vai morrer, todo o que foi reunido será espallado, todo o que foi acumulado terá fin, todo o que foi construído será derrubado, e o que estivo nas alturas será rebaixado."
  • "Só hai un tempo en que é fundamental despertar. Ese tempo é agora."
  • "A nosa existencia é transitoria como as nubes do outono. Observar o nacemento e a morte dos seres é como ollar os momentos da danza. A duración da vida é como o brillo dun lóstrego no ceo, tal como un torrente que se precipita montaña abaixo."
  • "Se o desexo, que se aloxa na raíz de toda a paixón humana, puidera ser removido, aí entón morrerá esta paixón e desaparecerá, consecuentemente, todo o sufrimento humano."
  • "O pobo é o tesouro de seu país."
  • "Practicar o ben, absterse do mal e purificar os seus pensamentos son os mandamentos de todo iluminado."
  • "O que somos é consecuencia do que pensamos."
  • "A súa tarefa é descubrir o seu traballo e dedicarse a el de todo corazón."
  • "Xamais, en todo o mundo, o odio acabou co odio; o que acaba co odio é o amor."
  • «Non hai maior vitoria que a que se gaña sobre un mesmo».
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy