Saltar ao contido

maio

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «maio».
  • Pronuncia: [ˈmajʊ] (AFI)

Substantivo masculino


singular plural
maio maios
Os Maios nunha porta, para protexer ós moradores da casa
  1. (Tempo) Quinto mes do ano, que ten 31 días.
    • Exemplo: Un día de Abril e outro de Maio, se son de tempo axeitado, valen os dous tanto comos bois e o carro.

  2. (Etnografía) Armazón de madeira, cuberto de follas e flores que se arma o primeiro de maio.
    • Exemplo: Os maios de Ourense sempre foron espectaculares.

  3. (Etnografía) Festa coa que se celebra a entrada do mes de maio, con bailes e coplas ó redor destas estruturas.
    • Exemplo: Moitos etnógrafos recolleron moitos detalles das festas dos maios en diferentes lugares de Galicia.

  4. (Etnografía) Ramo de flores de xesta co que se protexe contra o maio a casa, o coche ou calquera outra propiedade.
    • Exemplo: Antes de que se faga de noite temos que ir buscar o maio e poñelo la porta.

Traducións

Véxase tamén

Apéndice: Meses do ano


Substantivo masculino


singular plural
maio maios
  • Definición: Construción e festa que se fan tradicionalmente coa chegada da primavera

Portugués

  • Pronuncia: [ˈmaju] (AFI)

Substantivo masculino

maio m

  1. (Tempo) Maio, mes do ano do calendario gregoriano.
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy