Granada, Caribe
State of Grenada (en) | |||||
Himno | Hino nacional de Granada (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Ever Conscious of God We Aspire, Build and Advance as One People» «Винаги със съзнание за Бог, ние се стремим, изграждаме и напредваме като един народ» «Wastad yn Ymwybodol, Dyheuwn, Adeiladwn a Symudwn Ymlaen fel Un Bobl» «Grenada Pur» | ||||
Epónimo | Granada | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Saint George's | ||||
Contén a división administrativa | Carriacou Pequena Martinica Saint Andrew Saint David (pt) Saint George Saint John (pt) Saint Mark (pt) Saint Patrick (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 114.299 (2023) (327,97 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa Crioulo inglês de Granada (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 348,5 km² | ||||
Bañado por | Mar Caribe | ||||
Punto máis alto | Monte Saint Catherine (pt) (840 m) | ||||
Punto máis baixo | Mar Caribe (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1974 | ||||
Organización política | |||||
• Monarca | Carlos III do Reino Unido (2022–) | ||||
• Prime Minister of Grenada (en) | Keith Mitchell | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Granada (pt) , (Escano: 13) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 1.122.800.000 $ (2021) | ||||
Moeda | Dólar Caribe-Leste | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .gd | ||||
Prefixo telefónico | +1473 | ||||
Teléfono de emerxencia | 911, 434 (en) , 724 (en) e 774 (en) | ||||
Código de país | GD | ||||
Sitio web | gov.gd | ||||
Granada (en inglés Grenada (i/ɡrəˈneɪdə/, en francés crioulo granadino: Gwenad /ɡwiˈnaɪd/) é un país insular no mar Caribe que inclúe ás Granadinas do sur. É o segundo país independente máis pequeno do hemisferio occidental (logo de Saint Kitts e Nevis). Atópase na zona sueste do mar Caribe, ao norte de Trinidad e Tobago, ao Nordeste de Venezuela e ao sur de San Vicente e as Granadinas. Granada está formada pola propia illa de Granada, dúas illas máis pequenas, Carriacou e Pequena Martinica, e varias illas pequenas que se atopan ao norte da illa principal e forman parte das Granadinas. O seu tamaño é de 3 485 kilometros cadrados (1 346 sq mi) e tiña unha poboación estimada de 112.523 en xullo de 2020.[1] A súa capital é Saint George's.[1] Granada tamén é coñecida como a "illa das especias" debido á súa produción de cultivos de noz moscada e macis.[2]
Antes da chegada dos europeos ás Américas, Granada estaba habitada polos pobos indíxenas de América do Sur. Cristovo Colón avistou Granada en 1498 durante a súa terceira viaxe ás Américas. Despois de varios intentos infrutuosos dos europeos de colonizar a illa debido á resistencia dos Caribes residentes, o asentamento e colonización do imperio colonial francés comezou en 1649 e continuou durante o século seguinte.[3] O 10 de febreiro de 1763, Granada foi cedida aos Británicos baixo o Tratado de París. O dominio británico continuou ata 1974 (agás unha breve toma de posesión francesa entre 1779 e 1783).[4] Non obstante, o 3 de marzo de 1967, foi concedida a plena autonomía sobre os seus asuntos internos como Estado Asociado, e de 1958 a 1962 Granada formou parte da Federación das Indias Occidentais, unha federación de curta duración de Colonías británicas das Indias occidentais.
A independencia concedeuselle o 7 de febreiro de 1974 baixo o liderado de Eric Gairy, quen se converteu no primeiro primeiro ministro do estado soberano de Granada. O novo país pasou a ser membro da Commonwealth, coa raíña Isabel II como xefa de estado[1]. En marzo de 1979, o Marxista-leninista Movemento Nova Xoia derrocou ao goberno de Gairy nun Golpe de Estado incruento e estableceu un Goberno Popular Revolucionario (PRG), encabezado por Maurice Bishop como primeiro ministro.[5] Bishop foi arrestado e despois executado por membros do Exército Revolucionario Popular (PRA), o que provocou a invasión estadounidense de Granada en outubro de 1983. Desde entón, a illa volveu a unha democracia representativa parlamentaria e mantívose politicamente estable.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A orixe do nome "Granada" é escura, pero é probable que os mariñeiros españois chamasen así á illa pola cidade andaluza de Granada.[1][6] O nome "Granada" rexistrouse nos mapas españois na década de 1520 e referíase ás illas do norte como Los Granadillos ("Granadas pequenas"),[3] aínda que esas illas nomeadas foron consideradas propiedade do Rei de España, non hai rexistros que suxiran que os españois intentaran asentarse en Granada.[7] Os franceses mantiveron o nome (como "La Grenade" en francés) despois do asentamento e colonización en 1649.[3] O 10 de febreiro de 1763, a illa de La Grenade foi cedida aos británicos baixo o Tratado de París. Os británicos renomearona como "Granada", unha das moitas anglicizacións de topónimos que fixeron alí.[8]
Tivo polo menos outros dous nomes europeos durante a Era dos Descubrimentos.[Cómpre referencia] A illa recibiu o seu primeiro nome por Cristovo Colón, quen a avistou na súa terceira viaxe en 1498 e chamouna "La Concepción" en honra á Virxe María. Dise que en realidade puido nomeala "Asunción", pero non é seguro, xa que dise que o que avistou desde a distancia era o que son hoxe Granada e Tobago e chamoulles a ambos ao mesmo tempo. Porén, aceptouse que chamou a Tobago "Assumpción" e a Granada "La Concepción".[6] O ano seguinte, o explorador italiano Amérigo Vespucci viaxou pola rexión co explorador español Alonso de Ojeda e o cartografista Juan de la Cosa. Vespucci rebautizou a illa como "Mayo", aínda que este é o único mapa onde aparece o nome.[7]
Os indíxenas Arauacos que vivían na illa antes da chegada dos europeos chamábana Camajuya.[9]
Historia
[editar | editar a fonte]Granada foi poboada por primeira vez por pobos de América do Sur, posiblemente durante a Idade Arcaica do Caribe, aínda que faltan probas definitivas. A presenza humana potencial máis antiga provén da evidencia indirecta de núcleos de lagos, que comeza ~3600 a.C.[10] Aldeas menos efémeras e permanentes comezaron arredor do ~100-200 d.C.[11] A poboación alcanzou o seu máximo entre os anos 750 e 1250 d. C., con grandes cambios na poboación despois, posiblemente o resultado das secas rexionais e/ou da "Invasión caribe",[12] aínda que esta última depende de evidencias moi circunstanciais.[13]
A historia rexistrada de Granada comeza en 1498, cando Cristovo Colón divisou por vez primeira a illa. Tras un intento errado dos ingleses para establecerse na illa, os franceses compraron a illa aos indios caribes no ano 1650. A illa foi cedida de novo a Gran Bretaña en 1783. Granada converteuse nunha Colonia da Coroa en 1877.
Granada conseguiu a independencia en 1974 e, en 1979, tras un período de grande inestabilidade política, o carismático e popular líder de esquerdas Maurice Bishop fíxose co poder. O socialismo de Bishop e a súa cooperación coa Cuba comunista non foi ben recibido polas nacións conservadoras da zona, como Barbados, Dominica e os Estados Unidos. Unha disputa co á comunista, leal a Bernard Coard, do partido que estaba no poder, New Jewel, levou a un golpe de estado e a execución de Bishop o 19 de outubro de 1983.
Seis días máis tarde, a illa foi invadida polas forzas militares dos Estados Unidos e doutras seis nacións do Caribe dentro dunha campaña militar chamada Operación Furia Urxente. As tropas capturaron rapidamente aos líderes da revolución e aos seus conselleiros cubanos, moitos dos cales estaban traballando na construción dun grande aeroporto para a illa que foi completado polos Estados Unidos algúns anos máis tarde. Ao ano seguinte celebráronse eleccións. Unha das preocupacións tácticas coñecidas dos Estados Unidos era a recuperación con vida dos estadounidenses matriculados na Universidade de St. George's.
En setembro de 2004, a illa foi arrasada polo Furacán Iván. O furacán, de categoría 3, danou ou destruíu o 90 % das vivendas.
Goberno e Política
[editar | editar a fonte]Ao ser unha nación da Commonwealth, a monarca británica é formalmente a Xefa de Estado. Está representada por un Gobernador Xeral, aínda que o poder executivo real recae sobre o líder do goberno, o Primeiro Ministro. Aínda que o primeiro ministro é nomeado polo Gobernador xeral, este adoita ser o líder do partido con máis representación no parlamento.
O parlamento consiste nun senado (con 13 membros) e unha Cámara de Representantes (con 15 membros). Os senadores son nomeados polo goberno e a oposición, mentres que os representantes son elixidos polo pobo cada cinco anos. Nas eleccións do 19 de febreiro de 2013 Keith Claudius Mitchell levou ao New National Party á vitoria (gañou todos os escanos cun 58,7% dos votos) e converteuse no noveno primeiro ministro do país. O partido principal da oposición é o National Democratic Congress o cal obtivo o 40,8% dos votos pero ningún escano.
Organización político-administrativa
[editar | editar a fonte]Politicamente, Granada está dividida en seis zonas chamadas parroquias. Estas son:
Carriacou e Pequena Martinica, dúas das Granadinas que teñen o status de dependencia con Granada, forman a sétima división administrativa de Granada.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa chamada propiamente Granada é a máis grande do país. As pequenas Granadinas son Carriacou, Pequena Martinica, Ronde, Illa Caille, Illa Diamante, Large Island, Saline Island e Frigate island. A gran parte da poboación vive na propia Granada, cuxas cidades máis grandes son a capital Saint George's, Grenville e Gouyave. O asentamento máis grande nas outras illas é Hillsborough na illa de Carriacou.
As illas son dunha orixe volcánico, sendo o terreo interior das illas lixeiramente montañoso, con algúns pequenos ríos que flúen cara ao mar. O clima é tropical: caloroso e húmido. Granada vese afectada ocasionalmente por furacáns. A tormenta máis recente foi o Furacán Iván en setembro de 2004.
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Granada.
Demografía
[editar | editar a fonte]Aproximadamente o 80% da poboación son descendentes dos escravos africanos traídos polos europeos; son poucos os indíxenas caribes e arauacos que quedan na illa.
O idioma oficial, o inglés, é falado por toda a poboación, aínda que algúns aínda falan francés patois. Case todos os granadinos son cristiáns, dos cales aproximadamente a metade deles católicos. O anglicanismo é a relixión protestante principal.
Cultura
[editar | editar a fonte]A influencia francesa na cultura granadina é moito menor que noutras illas do Caribe. A cultura de Granada está fortemente influenciada polas raíces africanas da maioría dos granadinos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "CIA World Factbook – Grenada". Consultado o 12 de xullo de 2019.
- ↑ "Grenada | History, Geography, & Points of Interest". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-06-12.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Martin, John Angus (2013). Island Caribs and French Settlers in Grenada: 1498-1763. St George’s, Grenada: Grenada National Museum Press. ISBN 9781490472003.
- ↑ Steele 2003, pp. 35–36.
- ↑ Jacobs, Curtis (2015-01-01). Grenada, 1949–1979: Precursor to Revolution. The Grenada Revolution (University Press of Mississippi). ISBN 978-1-62846-151-0. doi:10.14325/mississippi/9781628461510.003.0002.
- ↑ 6,0 6,1 Crask, Paul (2009). Grenada, Carriacou and Petite Martinique (en inglés). Bradt Travel Guides. p. 5. ISBN 9781841622743.
- ↑ 7,0 7,1 Crask, Paul (2009). Grenada, Carriacou and Petite Martinique (en inglés). Bradt Travel Guides. p. 6. ISBN 9781841622743.
- ↑ Crask, Paul (2009). Grenada, Carriacou and Petite Martinique (en inglés). Bradt Travel Guides. p. 7. ISBN 9781841622743.
- ↑ Higman, B. W. (2021). A Concise History of the Caribbean. Cambridge University Press. p. 58. ISBN 978- 1-108-48098-7.
- ↑ Siegel, Peter E.; Jones, John G.; Pearsall, Deborah M.; et al. (2015). "Paleoenvironmental Evidence for First Human Colonization of the Eastern Caribbean". Quaternary Science Reviews 129: 275–295. Bibcode:2015QSRv..129..275S. doi:10.1016/j.quascirev.2015.10.014.
- ↑ Hanna, Jonathan A. (2019). "Camáhogne's Chronology: The Radiocarbon Settlement Sequence on Grenada". The Journal of Anthropological Archaeology 55: 101075. doi:10.1016/j.jaa.2019.101075.
- ↑ Hanna, Jonathan A. (2018). "Grenada and the Guianas: Demography, Resilience, and Terra Firme during the Caribbean Late Ceramic Age". World Archaeology 50 (4): 651–675. doi:10.1080/00438243.2019.1607544.
- ↑ Whitehead, Neil (1995). Wolves from the Sea: Readings in the Anthropology of the Native Caribbean. Leiden: KITLV Press.