Wikipedia en xaponés
Wikipedia en xaponés | |
---|---|
Logo da Wikipedia en xaponés. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Xaponés |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 11 de maio de 2001 |
Na rede | |
https://ja.wikipedia.org/ | |
Wikipedia en xaponés (en xaponés: ウィキペディア日本語版; Wikipedia Nihongo-ban) é a edición xaponesa de Wikipedia, unha enciclopedia libre e aberta. Esta edición é a oitava máis grande despois da Wikipedia en inglés, alemán, francés, polaco, italiano, español e ruso. Comezou en marzo de 2001, e esta versión da enciclopedia contén 1.441.708 artigos e 2.268.166 usuarios, dos cales 12.531 son activos.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]En marzo de 2001 creáronse tres novas Wikipedias: a alemán, a catalá, e a xaponesa. A páxina orixinal http://ja.wikipedia.com estaba escrita en rōmaji, posto que o software non permitía caracteres xaponeses.
O primeiro artigo foi "Nihongo Non Funimekusu" (aínda que era incorrecto, probablemente quería dicir onso taikei, fonoloxía) e estaba escrito en rōmaji.
O 1 de setembro de 2002, o software foi actualizado á "Fase III" e os artigos foron trasladados á nova versión. Foi neste punto no que se traduciu o software interface ao xaponés.
O 17 de decembro de 2009, a Wikipedia en xaponés é excedida pola Wikipedia en italiano con pouco máis de 639 000 artigos, o 22 de marzo de 2011 é superada pola Wikipedia en español con pouco máis de 740 000 artigos, o 21 de setembro de 2011 é superada pola Wikipedia en ruso con pouco máis de 769 000 artigos e o 21 de outubro pola Wikipedia en neerlandés con pouco máis de 773 000 artigos.
Fitos
[editar | editar a fonte]- 20 de maio de 2002: creación.
- 12 de febreiro de 2003: 1 000 artigos.
- 23 de marzo de 2003: 5 000 artigos.
- 15 de xuño de 2003: 10 000 artigos.
- 26 de maio de 2004: 50 000 artigos.
- 11 de febreiro de 2005: 100 000 artigos.
- 9 de abril de 2006: 200 000 artigos.
- 15 de decembro de 2006: 300 000 artigos.
- 10 de agosto de 2007: 400 000 artigos.
- 25 de xuño de 2008: 500 000 artigos.
- 8 de xullo de 2009: 600 000 artigos.
- 31 de agosto de 2010: 700 000 artigos.
- 3 de abril de 2012: 800 000 artigos.
- 14 de marzo de 2014: 900 000 artigos.
- 26 de xaneiro de 2016: 1 000 000 de artigos.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Wikipedia en xaponés |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en xaponés |