Wikipedia en zulú
Wikipedia en zulú | |
---|---|
Logo da Wikipedia en zulú. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Zulú |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | novembro de 2003 |
Na rede | |
https://zu.wikipedia.org/ | |
A Wikipedia en zulú é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua zulú. Foi creada en novembro de 2003, conseguindo 186 artigos o 13 de maio de 2009, e 766 o 25 de abril de 2016, sendo daquela a edición 247 segundo o número de artigos.[1]
Esta versión da enciclopedia contén 11.584 artigos e 22.477 usuarios, dos cales 36 son activos.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Malia que foi a terceira lingua africana en chegar aos 100 artigos,[3] o seu progreso foi lento, e foi superada por outras linguas africanas.
Como a lingua zulú é mutuamente intelixible coa lingua xosa, xa que ambas son linguas nguni, é posible que os artigos na edición en xosa sexan facilmente traducidos ao zulú.
En xaneiro de 2012, a Wikipedia en zulú foi proposta para o seu peche. A proposta foi rexeitada en marzo de 2012.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ List of Wikipedias
- ↑ All Wikipedias ordered by number of articles
- ↑ "IOL SciTech". Arquivado dende o orixinal o 2008-01-15. Consultado o 2009-05-13.
- ↑ Proposals for closing projects/Closure of Zulu Wikipedia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Wikipedia en zulú |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en zulú |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Wikipedia en zulú (en zulú)
- Wikipedia en zulú (móbil) (en zulú)