Saltar ao contido

Alameda da praza de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Alameda de Vigo»)
Modelo:Xeografía físicaAlameda da praza de Compostela
Imaxe
Tipoparque
xardín
alameda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaVigo, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°14′22″N 8°43′17″O / 42.2394, -8.7214
Características
Altitude16 m Editar o valor en Wikidata
Vista xeral, co paseo central e mais a fonte.

A alameda da praza de Compostela é un parque-xardín da cidade de Vigo, situado na praza do mesmo nome, unha zona comercial e de servizos á beira do porto e da cidade vella. É un xardín urbano de deseño formal, con árbores aliñadas, esculturas e fontes. Ocupa unha superficie duns 9.000 metros cadrados.

Historia e deseño

[editar | editar a fonte]
A Méndez Núñez.

Os xardíns históricos da praza de Compostela créanse a finais do século XIX sobre dun recheo gañado ao mar, e constituíndo o primeiro xardín público urbano da cidade. O lugar para crear o parque fixo que o concello de Vigo entrase en conflito coa empresa Empresa de los Muelles y Terrenos del Puerto de Vigo, que asumira o recheo entre o peirao da Laxe e a prolongación da rúa do Ramal (hoxe rúa de Colón). O preito remata en 1877, cando finalmente se ceden os terreos da 'Nova Poboación' ao concello.

O deseño do parque foi variando ao longo dos anos. Na súa orixe, era un xardín con forma de rectángulo cuxo lado maior estaba orientado á liña da beiramar; nel unicamente había un conxunto de árbores, 56 álamos brancos, de aí o nome de alameda.

A configuración actual comeza a se consolidar a partir de 1928; está formada por un gran corredor central con parterres laterais e unha gran fonte central, con xogos de auga e luces, así como diferentes esculturas distribuídas ao longo do parque.

Hoxe a alameda é un pulmón no corazón da vila, unha zona parcialmente peonil con importantes edificios históricos e ateigada de cafetarías, hoteis e locais de lecer nocturno. É tamén unha das zonas inmobiliarias máis caras da cidade olívica.[Cómpre referencia]

Patrimonio natural

[editar | editar a fonte]

Os xardíns da alameda non contan actualmente con lamigueiros (álamos). Cómpre salientar porén a riqueza e valor botánico dalgunhas árbores, moitas delas centenarias. Abundan as árbores caducifolias, coma os castiñeiros das bruxas, tamén hai numerosas camelias, magnolias, teixos, araucarias e piñeiros. As sebes dos parterres son de buxo e evónimo. Abundan as flores de tempada como tulipáns, cáncaros e pensamentos. É polo xeral un xardín sombrizo.

O piñeiro de Australia (Casuarina equisetifolia) que se atopa cara a zona final da alameda, preto do Areal, figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia pola súa monumentalidade.

Outros xardíns achegados

[editar | editar a fonte]

A seguir da Alameda están os xardíns de Eijo Garay, no mesmo Areal, con pérgolas de roseiras rubideiras e palmeiras.

Despedida, estatua á muller do mariñeiro, de Camilo Nogueira.

Patrimonio artístico

[editar | editar a fonte]

Escultura

[editar | editar a fonte]

As esculturas do parque son obra de Camilo Nogueira Martínez e José Luis Medina.[1]

As esculturas de Camilo Nogueira son, entre outras:

  • “Maternidade”: figura dunha nai que sostén un neno no colo apoiado no ombro esquerdo.
  • “Paz”: esvelta figura feminina que xoga cunhas pombas sobre a súa cabeza.
  • “Despedida”: unha nai cos seus dous fillos.

As obras de José Luis Medina son de tipo animal, en granito, e así atopamos a escultura dunha hiena, un cisne ou un caracol.

No centro dos xardíns atópase a estatua de Casto Méndez Núñez, obra do escultor Agustí Querol, construída en bronce. Méndez Núñez foi un mariño vigués que tivo baixo o seu mando a fragata Numancia, o primeiro acoirazado que deu a volta ao mundo.

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Entre as edificacións senlleiras que teñen fachada á praza de Compostela están a Casa de Prudencio Nandín (1892 e 1900) de Jenaro de la Fuente Domínguez, a Casa Yáñez (1900) de Michel Pacewicz, a Casa de Correos e Telégrafos (1920-1929) de Manuel Gómez Román ou o Edificio Iglesias Curty (1940) de Jenaro de la Fuente Álvarez.

Na Alameda da praza de Compostela celébranse periodicamente as feiras do libro novo e do libro usado.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. José Luis Medina Castro, nado en Serrada (Valladolid) o 9 de abril de 1906 e finado ibídem o 19 de setembro de 2003, foi un pintor, escultor e debuxante castelán.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy