Campionato Galego de Automobilismo
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | rally |
Organizador | Federación Galega de Automobilismo |
Localización e Datas | |
Localización | Galicia (España) 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9 |
País | España |
Vixencia | 1975 – 1980 |
O Campionato Galego de Automobilismo foi un campionato celebrado en Galicia dende 1975, que combinaba probas de rally con carreiras de montaña.
Historia
[editar | editar a fonte]Creouse en 1975 por iniciativa de Estanislao Reverter, Javier García Sánchez e Gonzalo Belay, que levaban tempo tentando crear un campionato galego que combinase rallys con subidas.[1] Entre os tres crearon o regulamento e deron forma ao campionato e este foi aprobado posteriormente pola Federación Galega e a Federación Española.[2] A primeira edición constou de oito rallys e 16 subidas e comezou co Rally dos Pazos, na Coruña, proba que foi gañada polo propio Reverter a bordo do histórico Alpinche.[2][3] Para puntuar na clasificación final, cada piloto debía ter conseguido polo menos dous resultados en rallys e tres en subidas, contándose finalmente os resultados dos tres mellores rallys e as cinco mellores subidas.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Ano | Piloto | Automóbil |
---|---|---|
1975 | Antonio Freire "Ventura"[4] | Seat 1430 - 1800 |
1976 | Beny Fernández[5] | BMW 2002 TI |
1977 | Antonio Freire "Ventura"[4] | Ford Escort |
1978 | Pío Alonso | Ford Escort |
1979 | Celestino Pardo | Seat 124 1800 |
1980 | Carlos Piñeiro[6] | Seat 124 2100 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Primer campeonato gallego". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xaneiro de 1975. p. 41.
- ↑ 2,0 2,1 Martínez Moratinos, M. (4 de febreiro de 1975). "En marcha el Campeonato Gallego". La Voz de Galicia (en castelán). p. 23.
- ↑ "Ganó Reverter". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de febreiro de 1975. p. 37.
- ↑ 4,0 4,1 Martínez Piñeiro, Jesús (2020). 50 Ediciones del rallye de Ferrol (1970-2019). ISBN 978-84-09-21316-0.
- ↑ "Antonio Freire ganó el Rally San Martín". La Voz de Galicia (en castelán). 22 de decembro de 1976. p. 41.
- ↑ "Automovilismo: Los pilotos de la escudería Ferrol ganaron todos los premios, salvo el de montaña en 1980". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de xaneiro de 1981. p. 26.