Rally Comarca da Ulloa
Tipo | carreira automobilística |
---|---|
Deporte | rally |
Localización e Datas | |
Localización | A Ulloa (Provincia de Lugo) 42°49′00″N 7°52′00″O / 42.8167, -7.8667 |
País | España |
Vixencia | 2008 – 2018 |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Alberto Meira (3) |
O Rally Comarca da Ulloa foi unha proba de rally que se disputou anualmente na comarca da Ulloa e arredores dende o ano 2008 ata o 2018, e que era puntuable para o Campionato de Galicia de Rally.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Comezou a celebrarse en agosto de 2008 nos concellos de Palas de Rei e Monterroso, organizada pola Escudería Comarca da Ulloa[2] do piloto local Luis Vilariño, coa colaboración da Escudería Lalín-Deza,[3] formando parte dende o primeiro momento do Campionato de Galicia de Rally. O primeiro vencedor da proba foi Pedro Burgo, que estivo acompañado no podio por Manuel Senra e Pablo Rey.[4]
Posteriormente pasou a incluír tramos disputados en Melide[5][6] e celebrouse sen interrupción até 2017, ano no que se tivo que cancelar pola imposibilidade da DXT de dar servizo ao evento.[7] En 2018 celebrouse a última edición, organizada esta vez pola Escudería Mix Rallye Sports,[8][9][10] resultando gañador Alberto Meira.[11] Foi substituído na tempada 2019 do campionato galego polo Rally Mariña Lucense.[12]
Alberto Meira, con tres vitorias, é o piloto máis laureado do rally.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ www.ewrc-results.com (ed.). "Rally Comarca da Ulloa" (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Regulamento Rally Comarca da Ulloa 2008" (PDF). FGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de marzo de 2010. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ "A Ulloa presentó su primer rali del Campeonato de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de xullo de 2008. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ "I Rally Comarca da Ulloa". www.ewrc-results.com (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Iván Ares líder del VI Rally Comarca da Ulloa" (en castelán). Maio de 2013. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ "O VII Rallye Comarca da Ulloa disputarase este venres e sábado, coa participación de 100 pilotos". 28 de setembro de 2015. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Suspendido el Rally Comarca da Ulloa 2017" (en castelán). Decembro de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Regulamento Rally Comarca da Ulloa 2018" (PDF). FGA. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de novembro de 2018. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ "El Rallye Comarca da Ulloa ya tiene reglamento" (en castelán). 24 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Volve o Rally da Ulloa esta fin de semana co principal apoio da Deputación". 13 de novembro de 2018. Consultado o 30 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Alberto Meira domina na Ulloa". El Progreso. 18 de novembro de 2018. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ "La FGA muestra un primer precalendario para el 2020" (en castelán). 6 de agosto de 2019. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2020. Consultado o 29 de xaneiro de 2020.
- ↑ El Lobo de Meira ataca de nuevo: Vallejo gana el primer rally del Campeonato Gallego 2009
- ↑ Clasificación Rally da Ulloa 2011