Club Deportivo Polvorín
Nome | Club Deportivo Polvorín | |
---|---|---|
Alcume(s) | Polvorín | |
Fundación | 1946 | |
Desaparición | 1953 | |
Estadio | Os Miñóns, Lugo, Galiza | |
|
Para o club de fútbol lucense fundado en 1991 véxase: Polvorín Fútbol Club.
O Club Deportivo Polvorín foi un equipo de fútbol galego da cidade de Lugo. Fundado en 1946 e desaparecido en 1953 foi o xermolo, xunto coa Sociedade Ximnástica Lucense, do actual Club Deportivo Lugo. Chegou a competir durante dúas temporadas na Terceira División (daquela terceira máxima categoría).
Historia
[editar | editar a fonte]En pleno apoxeo da Ximnástica Lucense, en 1946 é fundado o Club Deportivo Polvorín,[1] o cal recibía o nome do campo do Polvorín, situado no barrio de Montirón da cidade amurallada. Fundado como equipo para xuntar aos rapaces da cidade, xa pronto comezou a gañar diversos títulos a nivel local e provincial. O Polvorín, que vestía con camisola albivermella e pantalón negro (moi semellante ao uniforme do CD Lugo), xogaba no antigo estadio Anxo Carro (coñecido na época como Os Miñóns).
Entrados os anos 1950[1] o Polvorín remata segundo no Grupo Norte da Primeira Categoría, na que xa xogara a finais da anterior década, chegando a quedar segundo en 1949. Na fase final consegue o ascenso á Terceira División, tan só seis anos despois da súa fundación, tras vencer ao Fabril S.D. da Coruña. Grazas ás súas vitorias o club comezou a chamar a atención dos seareiros lucenses, contando o equipo cada vez con máis popularidade. Con Delio Rodríguez como presidente, o Polvorín mantívose na terceira categoría dúas tempadas máis, 1951-52 e 1952-53, ano no que remataron no sétimo posto. Con todo ese sería o último ano do Polvorín na categoría. Por mor dunha crise institucional e a dimisión do seu presidente, Emilio Núñez fíxose cargo do club.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Masià, Vicent (2012). "CD Lugo. Orígenes y antecedentes". La Futbolteca. Consultado o 23 de agosto de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial do C.D. Lugo Arquivado 15 de outubro de 2016 en Wayback Machine.
- O Polvorín en La Futbolteca (en castelán)
- Datos da Ximnástica en AREFE RegionalArquivado 16 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
- Historia do fútbol en Lugo a través dos terreos de xogo (en inglés)