Saltar ao contido

Crocodilo do Nilo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crocodilo do Nilo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Sauropsida
Orde: Crocodilia
Familia: Crocodylidae
Subfamilia: Crocodylinae
Xénero: Crocodylus
Especie: C. niloticus
Nome binomial
Crocodylus niloticus
Laurenti, 1768
Distribución do crocodilo do Nilo
Distribución do crocodilo do Nilo

Distribución do crocodilo do Nilo
Crocodylus niloticus
Crocodylus niloticus

O crocodilo do Nilo (Crocodylus niloticus) é unha especie de saurópsidos (réptil) crocodilo da familia Crocodylidae. É unha das tres especies de crocodilos que habitan en África, e a segunda en tamaño no mundo, pois pode alcanzar os 6 m de longo e pesar máis de 1.000 kg.

Pese ao que o seu nome podería dar a entender, non é exclusivo do Nilo, senón que habita en practicamente toda África subsahariana e na illa de Madagascar.

Pode medir ata cinco ou seis metros de longo. Vive en lagos e ríos de auga doce. Aliméntase de animais que se achegan a beber; arrástraos á auga e afógaos. O crocodilo retorcer dentro da auga para despezar á súa presa.

A súa cerimonia de cortexo é espectacular; o macho defende un treito de area, ruxindo a calquera intruso. Cando a femia séntese atraída polo ruído, o macho sacode o corpo e expulsa auga polas fosas nasais.

Aínda que como especie non se atopa en perigo de extinción, nalgúns países a poboación de crocodilos do Nilo corre un serio perigo de desaparecer a causa do terrible exterminio ocasionado polo ser humano.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy