Saltar ao contido

Dalmacia (provincia romana)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaDalmacia
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°48′46″N 16°13′08″L / 43.81276, 16.21876
CapitalSalona (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Sucedido porDalmatia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Dalmacia era unha provincia romana. O seu nome derívase do nome dunha tribo iliria chamados Dálmatas, que vivíron na zona central da costa oriental do mar Adriático durante o primeiro milenio a.C.

Abranguía a parte norte da actual Albania, gran parte de Croacia, Bosnia e Hercegovina, Montenegro, Kosovo e Serbia, así, cubrindo unha área significativamente maior que a actual rexión croata de Dalmacia. Orixinalmente esta rexión foi chamada Illyria (en grego) ou Illyricum (en latín).

Tras sufocar unha revolta, no ano 9, a provincia de Illyricum foi disolta e substituída por dúas provincias separadas: Dalmacia e Pannonia.

Conquista

[editar | editar a fonte]

A rexión que ía ao longo da costa do mar Adriático e estendíase no interior dos Alpes Dináricos foi chamada polos gregos Illyria. Orixinalmente os romanos chamárona Illyria. Máis tarde chamárona Illyricum. Os romanos combateron en tres Guerras ilíricas (229 a.C., 219/8 a.C. e 168 a.C.) principalmente contra o reino dos Ardiaei no sur da rexión. No 168 a.C. aboliron este reino, dividíndoo en tres repúblicas.[1]

A zona converteuse nun protectorado romano. A zona central e setentrional da rexión dedicáronse á piratería e atacaron o nordés de Italia. En resposta a isto, Octavio (que máis tarde se convertería no emperador Augusto) realizou unha serie de campañas en Illyricum (35-33 a.C.).[2][3] A zona converteuse na provincia senatorial romana de Illyricum probablemente no 27 a.C. Debido a problemas na parte norte da rexión no 16-10 a.C.,[4][5] converteuse nunha provincia imperial. A organización administrativa de Illyricum levouse a cabo a finais do reinado de Augusto (27 a.C.-14 d.C.) e no inicio do reinado de Tiberio (14-37 d.C.).[6]

Parte de Illyricum

[editar | editar a fonte]

Debido a que Octavio subxugou a rexión máis interior de Pannonia (ao longo do curso medio do río Danubio), os romanos cambiaron o nome da zona costeira a Dalmacia. A primeira escritura que indica que a provincia de Illyricum comprende Dalmacia e Panonia é a mención de Veleio Patérculo a Gaius Vibius Postumus como comandante militar de Dalmacia baixo o goberno de Xermánico no 9, cara ao final da Guerra Batonia.[7] Esta foi unha rebelión a grande escala na provincia de Illyricum, entre o 6 e o 9 e foi denominada polos romanos como Bellum Batonianum (Guerra Batonia).[8]

A provincia de Illyricum foi finalmente disolta e substituída por dúas provincias máis pequenas: Dalmacia (a zona sur) e Pannonia (área norte e danubiana). Non está claro cando aconteceu isto. Kovác sinalou que unha inscrición na base dunha estatua de Nerón erguida entre o 54 e o 68 testemuña que foi erguida polo veterano dunha lexión estacionada en Pannonia e argumenta que esta é a primeira evidencia epigráfica de que existía unha Pannonia separada polo menos desde entón, o reinado de Nerón.[9] Con todo, Šašel-Kos sinala que unha inscrición testemuña un gobernador de Illyricum baixo o reinado de Claudio (43-51) e nun diploma militar publicado a finais dos anos 1990, con data de xullo do 61 d.C., mencionaban que as unidades de auxiliares da parte panónica da provincia estaban estacionadas en Illyricum.[10] Algúns outros diplomas testemuñan o mesmo.[11] Isto foi durante o reinado de Nerón (51-68 d.C). Polo tanto, Šašel-Kos apoia a idea de que a provincia disolveuse durante o reinado de Vespasiano (79-89 d. C.).[12]

Cambios administrativos

[editar | editar a fonte]
Dalmacia no século IV

No 337, cando Constantino o Grande morreu, o Imperio romano dividiuse entre os seus fillos. O imperio dividiuse en tres prefecturas pretorianas: a Galia, Italia, Africa et Illyricum e Oriente. Diocleciano diminuíu o tamaño das provincias e dobrou o seu número. As provincias agrupáronse tamén nas dioceses. Dalmacia converteuse nunha das sete provincias da diocese de Panonia. Inicialmente, estaba baixo a prefectura pretoriana de Italia, África e Ilírica. Parece que as tres dioceses de Macedonia, Dacia e Pannonia primeiro agrupáronse nunha prefectura pretoriana separada no 347 por Constantino retirándoos da prefectura pretoriana de Italia, África e Ilírico (que entón se converteu na prefectura pretoriana de Italia e África) ou que esta prefectura pretoriana se formou no 343 cando Constantino nomeou un prefecto para Italia.[13]

Romanización

[editar | editar a fonte]

O historiador alemán Theodore Mommsen escribiu (no seu Provincias do Imperio Romano) que a Dalmacia costeira e as súas illas estaban completamente romanizadas e falaban latín, no século IV.[14]

O historiador croata Aleksandar Stipčević escribe que a análise de material arqueolóxico dese período mostrou que o proceso de romanización foi bastante selectivo. Mentres que os centros urbanos, tanto costeiros coma interiores, estaban case completamente romanizados, a situación no campo era completamente diferente. A pesar de que os ilirios estaban suxeitos a un forte proceso de aculturación, seguiron falando a súa lingua nativa, adorando aos seus propios deuses e tradicións, e seguiron a súa propia organización social-política que se adaptou á administración romana e á estrutura política só nalgúns casos.[15]

Dalmacia independente - Extensión do control de Marcelino (454-468) e Control de Xulio Nepote (468-480).

No 454, Marcelino, comandante militar en Dalmacia, rebelouse contra Valentiniano III, o emperador de Occidente. Tomou o control de Dalmacia e gobernouno de forma independente ata a súa morte no 468.[16] Xulio Nepote converteuse no gobernador de Dalmacia aínda que era parente do emperador do leste, León I de Tracia, e Dalmacia estaba baixo a parte occidental do imperio romano. Dalmacia seguiu sendo unha zona autónoma. No 474, León I nombrou a Nepote como emperador da parte occidental do imperio para depoñer a Glicerio, un emperador usurpador. Nepote depuxo ao usurpador, pero foi deposto no 475 por Orestes, que converteu ao seu fillo Rómulo Augústulo en emperador no oeste.[17] León I negouse a recoñecelo e aínda mantivo a Xulio Nepote como emperador do oeste. Rómulo Augústulo foi deposto no 476 por Odoacro, que se proclamou rei de Italia. Nepote permaneceu en Dalmacia e continuou a gobernala ata que foi asasinado no 480. Ovida, un comandante militar, estivo a cargo de Dalmacia por algúns meses. Con todo, Odoacro utilizou o asasinato de Nepote como pretexto para invadir Dalmacia, derrotou a Ovida e anexionou Dalmacia ao seu reino de Italia. No 488, Zenón, o novo emperador do leste, enviou a Teodorico o Grande, o rei dos ostrogodos, a Italia. Zenón mandouno a depoñer a Odoacro. Tamén quería desfacerse dos ostrogodos, que eran aliados dos romanos e establecéranse na parte oriental do imperio, pero estaban a volverse inquedos e difíciles de manexar. Teodorico combateu nunha guerra de catro anos en Italia, matou a Odoacro, estableceu ao seu pobo en Italia e fundou o Reino Ostrogodo.[18] Dalmacia e o resto da antiga diocese de Pannonia quedaron baixo o reino ostrogodo.

Imperio Romano de Oriente

[editar | editar a fonte]

No 535, Xustiniano I conquistouna e pasou a formar parte do Imperio Bizantino. Posteriormente, foi invadida polos Ávaros[19]. No 640, establecéronse nela os eslavos sorabos ao mesmo tempo que os khrowatas ou croatas, tamén eslavos, se establecen en Liburnia (Croacia). Ämbolos dous pobos foron tributarios dos Ávaros e tamén se someteron aos emperadores francos, mentres a Dalmacia costeira, Ragusa, Zara etc., permaneceu baixo o imperio grego por mor dun tratado do 812, até que tanto croatas como dálmatas se converteron en independentes deste.[20]

Lista de gobernadores de Dalmacia

[editar | editar a fonte]
  1. Livy, The History of Rome, 45.26.11-15
  2. Apiano (1912), Libro 10, capítulos 18-27
  3. Dión Casio: 48.11, 49.37-38
  4. Dión Casio: 54. 24.3, 28.1-2, 31.2-3, 36.2-3, 55.2-4
  5. Veleio Patérculo: Compendio de Historia Romana 2.96.2‑3
  6. Plinio o vello, Naturalis Historia, 2.25-26, 28
  7. Veleio Patérculo: Compendio de Historia Romana 2.116.3
  8. Cassius Dio, Roman History, 55.29-32. 34.4
  9. [73][74]
  10. Dušanić, S. (1998). Institute of Archaeology, ed. "An early diploma militare". Starinar (en inglés) (Belgrado) 49: 51–62. ISSN 0350-0241. 
  11. Roxan, Margaret; Holder, Paul (2003). "Roman Military Diplomas IV". Bulletin of the Institute of Classical Studies. (en inglés) (82): Iii–675. ISSN 2398-3264. JSTOR .jstor.org/stable/43768077. 
  12. Šašel-Kos, Marjeta (2010). "Pannonia or Lower IlIyricum?". TYCHE. Beiträge zur Alten Geschichte, Papyrologie und Epigraphik (en inglés). Viena: Holzhausen Der Verlag. pp. 123–130. ISBN 978-3-85493-182-9. 
  13. Barnes (2011), p. 160
  14. Theodor Mommsen; William Purdie Dickson; Francis Haverfield (1886). The Provinces of the Roman Empire: From Caesar to Diocletian. Gorgias Press LLC. pp. 203–. ISBN 978-1-59333-025-5. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2014. Consultado o 11 de xullo de 2019. 
  15. Stipčević, A. (1974). Iliri. Zagreb: Školska knjiga. p. 70. 
  16. Damascius, Epitome Photiana, 91, fragments 158
  17. Bury (2008), p. 276
  18. Burns (1984), p. 44
  19. Paula Mellado, Francisco de (1852). Enciclopedia moderna: diccionario universal de literatura, ciencias e arte (en castelán) XII. Madrid: Establecimiento tipográfico Mellado. p. 445. 
  20. VV.AA. (1853). "Dalmacia y Albania". Diccionario universal de historia y de geografia (en castelán) III. México: Tipografía de Rafael. p. 11. 
  21. Agás que se indique o contrario, os nomes dos gobernadores proconsulares de 69 a 139 son extraídos de: Eck, Werner. "Jahres- und Provinzialfasten der senatorischen Statthalter von 69/70 bis 138/139", Chiron, 12 (1982), pp. 281-362; 13 (1983), pp. 147-237
  22. Agás que se indique o contrario, os nomes dos gobernadores proconsulares de 147 a 182 son tomados de Alföldy, Géza (1977). Konsulat und Senatorenstand unter der Antoninen (pp. 224-227) Bonn: Rudolf Habelt Verlag
  23. Agás que se indique o contrario, os nomes dos gobernadores proconsulares entre 182 e 235 son tomados de Paul Leunissen (1989). Konsuln und Konsulare in Zeit von Commodus bis Severus Alexander. Páxs.: 240 ss. Amsterdam: JC Gieben.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy