Saltar ao contido

Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985
 ← 1981 Editar o valor en WikidataGalicia Editar o valor en Wikidata 1989 Editar o valor en Wikidata  → 
Data24 de decembro de 1985 Editar o valor en Wikidata
TipoEleccións ao Parlamento de Galicia Editar o valor en Wikidata
Cargo elixido71 deputado do Parlamento de Galicia ≈ II Lexislatura do Parlamento de Galicia Editar o valor en Wikidata
Participación política
Electorado2.226.449 Editar o valor en Wikidata
1.277.897
   57.4٪
Ponto percentual (pt) 11.12
Número de votos válidos1.262.564    Número de votos en branco  ?    Número de votos nulos  ? 
Resultado da votación Editar o valor en Wikidata
<1
2>
CP  — Xerardo Fernández Albor
516.218   40.89٪
Deputado 34
<1
2>
PSG PSOE  — Fernando González Laxe
361.946   28.67٪
Deputado
<1
2>
Coalición Galega  — Pablo González Mariñas
163.425   12.94٪
Deputado
<1
2>
Partido Socialista Galego-Esquerda Galega  — Camilo Nogueira Román
71.599   5.67٪
Deputado
<1
2>
Bloque Nacionalista Galego  — Xosé Manuel Beiras
53.072   4.2٪
Deputado

Editar o valor en Wikidata
Investidura presidencial de Galicia de 1985 Editar o valor en Wikidata
Substitúe:Persoa elixida:
Xerardo Fernández AlborXerardo Fernández Albor Editar o valor en Wikidata

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 1985 celebráronse o 24 de novembro. Cun censo de 2 226 449 electores, os votantes foron 1 277 897 (57,4%) e 948.552 as abstencións (41,9%). Contabilizáronse 8.627 (0,7%) votos en branco. Coalición Popular gañou por maioría relativa, e conseguiu manter de presidente da Xunta de Galicia a Xerardo Fernández Albor grazas á abstención de Coalición Galega, o que provocaría unha escisión de 5 deputados neste partido encabezados por Pablo González Mariñas que pasaron ao Grupo Mixto. En setembro de 1986 ese grupo de deputados crean o Partido Nacionalista Galego. Tamén ese ano, o PDP, e en 1987 o PL, abandonan CP pero permanecen no Grupo Popular.

En outubro de 1986 Xosé Luís Barreiro é destituído como Vicepresidente da Xunta e expulsado de AP, formando xunto con outros 4 deputados desta o seu propio grupo político, Unión Democrática Galega (UDG), que en xuño de 1987 se integrou en Coalición Galega. En xullo dese ano un deputado de CG dimite e o seu substituto inscríbese no Grupo Popular.

Como resultado deste cambio de correlación de forzas, en novembro de 1987 aprobouse unha moción de censura que permitiu a investidura como presidente da Xunta a Fernando González Laxe (PSdeG-PSOE), co apoio de PSdG, CG-UDG, PNG e PSG-EG, co voto en contra de AP e a abstención do BNG.

En 1988 o PNG e o Partido Galeguista Nacionalista fusiónanse para formar o Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG), e en febreiro dese mesmo ano o líder do PDP Alejandrino Fernández Barreiro pásase do Grupo Popular ao de Coalición Galega. Finalmente, entre 1988 e 1989, dous deputados do PSdG e dous do PNG-PG pásanse ao Grupo Mixto.

Resultados

[editar | editar a fonte]

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1985

Presidente e goberno Partido Candidato Votos % Escanos +/-
  • Presidente: Xerardo Fernández Albor (1985-novembro 1987)
    Fernando González Laxe (novembro 1987-1989)
  • Goberno: CP (1985-novembro 1987)
    PSdeG-PNG-CG (novembro 1987-1989)
  • Censo: 2 226 449
    • Votantes: 1 277 897 (57,4%)
    • Abstención: 948.552 (42,6%)
      • Válidos: 1 262 564
        • A candidatura: 1 253 937 (99,3%)
  • Escanos: 71
Coalición Popular de Galicia (AP-PDP-PL) a Gerardo Fernández Albor 516.218 40,4 34b +8
Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSG-PSOE) Fernando González Laxe 361.948 28,3 22 +6
Coalición Galega (CG) Pablo González Mariñas 165.425 12,8 11 +11
Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) Camilo Nogueira 71.599 5,75 3 +2 c
Bloque Nacionalista Galego (BNG) Xosé Manuel Beiras 53.972 4,23 1 -2
Centro Democrático y Social (CDS) 41.411 3,30 0
Partido Comunista de Galicia (PCG-PCE) 10.625 0,85 0 -1
Partido Socialista dos Traballadores (PST) 9.689 0,77 0
Partido Comunista de Galicia (Marxista-Revolucionario) (PCG (m-r)) 8.318 0,66 0
Plataforma Humanista (PH) 7.280 0,58 0
Partido Galego do Campo (PGC) 3.172 0,25 0
Falange Española de las JONS (FE JONS) 2.922 0,23 0
Partido Comunista de España (m-l) (PCE (m-l)) 1.554 0,12 0
Unidade Socialista Galega (USG) 1.379 0,11 0
Movemento Comunista de Galicia (MCG) 1.327 0,11 0
Unión de Centro Democrático (UCD) N/A N/A 0 -24
En branco 8.627 0,70 N/A N/A
Nulos N/A N/A

a Máis Centristas de Galicia.
b Deles 20 de AP, 7 do PDP, 4 do PL, 2 de CdG e 1 independente.
c Respecto al PSG y EG por separado en 1981.

Parlamentarios electos

[editar | editar a fonte]

Investidura do Presidente da Xunta de Galicia

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 1986, Albor postulouse para a presidencia da Xunta, mais perdeu nas dúas primeiras votacións, con todas as forzas políticas, agás CP, votando na súa contra. Finalmente, ao mes seguinte, CG anunciou a súa decisión de absterse, o que lle permitiu a Albor ser elixido para un segundo mandato o 22 de febreiro, con 34 votos a prol, 26 en contra e 11 abstencións, na segunda volta da nova votación.

Candidato Data Voto Total
Xerardo Fernández Albor
(CP)
16 de xaneiro de 1986
Maioría requirida:
Absoluta (36/71)
Si 34
34 / 71
Non 22 11 3 1
37 / 71
Abstención
0 / 71
17 de xaneiro de 1986
Maioría requirida:
Simple
Si 34
34 / 71
Non 22 11 3 1
37 / 71
Abstención
0 / 71
Xerardo Fernández Albor
(CP)
20 de febreiro de 1986
Maioría requirida:
Absoluta (36/71)
Si 33
33 / 71
Non 22 3 1
26 / 71
Abstención 10
10 / 71
21 de febreiro de 1986
Maioría requirida:
Simple
Si 34
34 / 71
Non 22 3 1
26 / 71
Abstención 11
11 / 71
  • Faltou á primeira votación da segunda investidura un deputado de CG

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy