Goretti Durán
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Galicia, España |
Formación profesional | Licenciada e doutora en Farmacia |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela - doutoramento (2016–) Universidade de Valencia Universidade Autónoma de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | Investigadora en farmacoloxía oncolóxica |
Empregador | SERGAS |
Goretti Durán Piñeiro é unha farmacéutica e investigadora galega, especializada na investigación de fármacos oncolóxicos, e a relación entre os xenes e as respostas a estes fármacos. É investigadora da Unidade de Farmacoxenética do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Goretti Durán Piñeiro licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela.[1]En 2007 foi farmacéutica de atención primaria na Xerencia de Atención Integrada Pontevedra e O Salnés, do SERGAS.[Cómpre referencia]
Entre os anos 2008 e 2010 asinou un contrato de investigación en Farmacoxenética coa Fundación Pedro Barrié de la Maza para o programa Diana-Fundación Barrié-USC de Medicina personalizada.[1] Este programa busca un tratamento para cada paciente co fármaco «máis axeitado» e a dose «necesaria», co obxectivo de «obter a máxima eficacia terapéutica co mínimo risco e custo», en palabras do seu director, Ángel Carracedo. «A eficacia media dos medicamentos dista moito de ser a idónea», e tratamentos como a quimioterapia causan «importantes danos» nos pacientes, xustificou Carracedo.[2]
Entre 2013 e 2014 cursou un máster de Desenvolvemento económico e innovación na USC.[3] No seu traballo de fin de máster analizou o ROI ou rendabilidade económica[4] da e-interconsulta de cardioloxía na área de Vigo..[5]
Así mesmo cursou un máster en Oncoloxía Farmacéutica, título propio da Universidade de Valencia, é diplomada en Saúde Pública pola Escola Nacional de Sanidade, e obtivo un máster en Metodoloxía da investigación: deseño e estatística en Ciencias da Saúde pola Universidade Autónoma de Barcelona.[Cómpre referencia]
En 2016 alcanzou o grao de doutora, coa tese Estudio farmacogenético de variantes polimórficas en genes reparadores del ADN y otros marcadores de resistencia en pacientes con cáncer de cabeza y cuello, dirixida polos profesores Ángel Carracedo, María Jesús Lamas e Rafael López López, lida na Facultade de Medicina e Odontoloxía da mesma Universidade.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Duran, Goretti; Cruz, Raquel; Simoes, Ana Rita; Barros, Francisco; Giráldez, José María; Bernárdez, Beatriz; Anido, Urbano; Candamio, Sonia; López-López, Rafael (2020-08-17). "Efficacy and toxicity of adjuvant chemotherapy on colorectal cancer patients: how much influence from the genetics?". Journal of Chemotherapy 32 (6): 310–322. ISSN 1120-009X. PMID 32441565. doi:10.1080/1120009X.2020.1764281.
- ↑ A USC e a Barrié investigan fármacos á carta co ADN. A Fundación Barrié e a USC poñen Galicia á cabeza de Europa en farmacoxenética. Cancro, doenzas psiquiátricas e cardiovasculares, os eidos de estudo Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine.. GaliciaHoxe, 24/07/2018.
- ↑ Economicas, Facultade (2016-03-10). "Master en Desenvolvemento Económico e Innovación: Goretti Durán Piñeiro defendeu a súa tese de doutoramento". Master en Desenvolvemento Económico e Innovación. Consultado o 2021-10-05.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2021-10-05.[Ligazón morta]
- ↑ Master en Desenvolvemento Económico e Innovación.
- ↑ Durán Piñeiro, Goretti (2016-05-12). Estudio farmacogenético de variantes polimórficas en genes reparadores del ADN y otros marcadores de resistencia en pacientes con cáncer de cabeza y cuello (Tese). Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2018. Consultado o 24 de xullo de 2018.
- ↑ Piñeiro, Goretti Durán (2016). Estudio farmacogenético de variantes polimórficas en genes reparadores del DNA y otros marcadores de resistencia en pacientes con cáncer de cabeza y cuello (Tese) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks).