Saltar ao contido

Goretti Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Goretti Durán Piñeiro»)
Modelo:BiografíaGoretti Durán
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Galicia, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalLicenciada e doutora en Farmacia
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - doutoramento (2016–)
Universidade de Valencia
Universidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónInvestigadora en farmacoloxía oncolóxica
EmpregadorSERGAS

Dialnet: 4358086


Goretti Durán Piñeiro é unha farmacéutica e investigadora galega, especializada na investigación de fármacos oncolóxicos, e a relación entre os xenes e as respostas a estes fármacos. É investigadora da Unidade de Farmacoxenética do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Goretti Durán Piñeiro licenciouse en Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela.[1]En 2007 foi farmacéutica de atención primaria na Xerencia de Atención Integrada Pontevedra e O Salnés, do SERGAS.[Cómpre referencia]

Entre os anos 2008 e 2010 asinou un contrato de investigación en Farmacoxenética coa Fundación Pedro Barrié de la Maza para o programa Diana-Fundación Barrié-USC de Medicina personalizada.[1] Este programa busca un tratamento para cada paciente co fármaco «máis axeitado» e a dose «necesaria», co obxectivo de «obter a máxima eficacia terapéutica co mínimo risco e custo», en palabras do seu director, Ángel Carracedo. «A eficacia media dos medicamentos dista moito de ser a idónea», e tratamentos como a quimioterapia causan «importantes danos» nos pacientes, xustificou Carracedo.[2]

Entre 2013 e 2014 cursou un máster de Desenvolvemento económico e innovación na USC.[3] No seu traballo de fin de máster analizou o ROI ou rendabilidade económica[4] da e-interconsulta de cardioloxía na área de Vigo..[5]

Así mesmo cursou un máster en Oncoloxía Farmacéutica, título propio da Universidade de Valencia, é diplomada en Saúde Pública pola Escola Nacional de Sanidade, e obtivo un máster en Metodoloxía da investigación: deseño e estatística en Ciencias da Saúde pola Universidade Autónoma de Barcelona.[Cómpre referencia]

En 2016 alcanzou o grao de doutora, coa tese Estudio farmacogenético de variantes polimórficas en genes reparadores del ADN y otros marcadores de resistencia en pacientes con cáncer de cabeza y cuello, dirixida polos profesores Ángel Carracedo, María Jesús Lamas e Rafael López López, lida na Facultade de Medicina e Odontoloxía da mesma Universidade.[6][7]

  1. 1,0 1,1 1,2 Duran, Goretti; Cruz, Raquel; Simoes, Ana Rita; Barros, Francisco; Giráldez, José María; Bernárdez, Beatriz; Anido, Urbano; Candamio, Sonia; López-López, Rafael (2020-08-17). "Efficacy and toxicity of adjuvant chemotherapy on colorectal cancer patients: how much influence from the genetics?". Journal of Chemotherapy 32 (6): 310–322. ISSN 1120-009X. PMID 32441565. doi:10.1080/1120009X.2020.1764281. 
  2. A USC e a Barrié investigan fármacos á carta co ADN. A Fundación Barrié e a USC poñen Galicia á cabeza de Europa en farmacoxenética. Cancro, doenzas psiquiátricas e cardiovasculares, os eidos de estudo Arquivado 29 de maio de 2020 en Wayback Machine.. GaliciaHoxe, 24/07/2018.
  3. Economicas, Facultade (2016-03-10). "Master en Desenvolvemento Económico e Innovación: Goretti Durán Piñeiro defendeu a súa tese de doutoramento". Master en Desenvolvemento Económico e Innovación. Consultado o 2021-10-05. 
  4. "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Consultado o 2021-10-05. [Ligazón morta]
  5. Master en Desenvolvemento Económico e Innovación.
  6. Durán Piñeiro, Goretti (2016-05-12). Estudio farmacogenético de variantes polimórficas en genes reparadores del ADN y otros marcadores de resistencia en pacientes con cáncer de cabeza y cuello (Tese). Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2018. Consultado o 24 de xullo de 2018. 
  7. Piñeiro, Goretti Durán (2016). Estudio farmacogenético de variantes polimórficas en genes reparadores del DNA y otros marcadores de resistencia en pacientes con cáncer de cabeza y cuello (Tese) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy