Jodaí-e Nadér az Simín
Jodaí-e Nadér az Simín | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | جدایی نادر از سیمین |
Director | Asghar Farhadi |
Produtor | Asghar Farhadi |
Guión | Asghar Farhadi |
Intérpretes | Leila Hatami Peyman Moaadi Shahab Hosseini Babak Karimi Sareh Bayat Sarina Farhadi Merila Zarei |
Música | Sattar Oraki |
Fotografía | Mahmoud Kalari |
Montaxe | Hayedeh Safiyari |
Distribuidora | Filmiran (Irán) Sony Pictures Classics (USA) |
Estrea | Berlín: 15 de febreiro de 2011 |
Duración | 123 minutos[1] |
Orixe | Irán |
Xénero | Drama |
Orzamento | $500 000[2] |
Recadación | $24 400 000[3] |
Na rede | |
http://www.sonyclassics.com/aseparation | |
|
Jodaí-e Nadér az Simín (en persa: جدایی نادر از سیمین, "A separación de Nader de Simin") é un filme dramático iraniano do 2011 escrito e dirixido por Asghar Farhadi, e protagonizado por Leila Hatami, Peyman Moaadi, Shahab Hosseini, Sareh Bayat e Sarina Farhadi. Céntrase nunha parella iraniana de clase media que se separa, a desesperación da súa filla polas disputas e a separación dos seus proxenitores e os conflitos que xorden cando o marido contrata unha coidadora de clase baixa para ocuparse do seu pai, enfermo de alzhéimer.
O filme gañou o premio Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa en 2012, converténdose no primeiro iraniano que consegue o galardón.[4] Ademais foi candidato ao oscar ao mellor guión orixinal e recibiu o Oso de Ouro ao mellor filme e o Oso de Prata á mellor actriz e ao mellor actor na 61.ª edición do Festival Internacional de Cinema de Berlín.[5] Gañou ademais o Globo de Ouro ao mellor filme en lingua estranxeira.
Argumento
[editar | editar a fonte]Simin quere abandonar Irán co seu home, Nader, e a súa filla, Termeh, xa que non quere que esta medre nas condicións actuais. O desexo non o comparte Nader, que está preocupado polo seu pai, que vive coa familia e sofre alzhéimer. Cando Nader decide permanecer no país, Simin pide o divorcio.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Leila Hatami como Simin
- Peyman Moaadi como Nader
- Shahab Hosseini como Hodjat
- Sareh Bayat como Razieh
- Sarina Farhadi como Termeh
- Ali-Asghar Shahbazi como o pai de Nader
- Shirin Yazdanbakhsh como a nai de Simin
- Kimia Hosseini como Somayeh
- Merila Zarei como a señora Ghahraei
Produción
[editar | editar a fonte]A idea chegou dunha serie de experiencias persoais e imaxes abstractas que tiña Farhadi na súa mente. Unha vez decidido a realizar o filme foi escrito e financiado rapidamente. Igual que os seus tres anteriores filmes foi producido sen ningún apoio gobernamental. O financiamento chegou sen problema debido ao éxito de About Elly.[6] A produción recibiu ademais 25 000 dólares do APSA Academy Film Fund da Motion Picture Association.[7]
En setembro de 2010, o ministerio de Cultura iraniano prohibiulle a Farhadi a realización do filme debido a un discurso que fixo nunha cerimonia de entrega de premios e no que expresou o seu apoio a varios cineastas do país. En particular, desexou a volta do cineasta exiliado Mohsen Makhmalbaf e do cineasta e político encarcerado Jafar Panahi. A prohibición levantouse a principios de outubro despois de que Farhadi indicase que fora mal entendido e de que se disculpase polos seus comentarios.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (3 de maio de 2011). "Nader and Simin, A Separation (PG)". Consultado o 25 de marzo de 2012.
- ↑ Internet Movie Database, ed. (25 de marzo de 2012). "A Separation (2011) - Box office / business". Consultado o 27 de marzo de 2012.
- ↑ The Numbers (ed.). "A Separation". Nash Information Services, LLC. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2023. Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Iran wins first Oscar with "A Separation"". Reuters. 27 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 17 de abril de 2014.
- ↑ "Iranian Film Takes Top Prize at Berlinale". 19 de febreiro de 2011. Consultado o 20 de febreiro de 2011.
- ↑ Wiseman, Andreas (18 de febreiro de 2011). "One on One: Asghar Farhadi". Screen Daily. Consultado o 19 de febreiro de 2011.
- ↑ Staff writer (4 de febreiro de 2011). "Berlin debut for MPA & APSA supported Iranian film". Business of Cinema. Join The Dots Media. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2011. Consultado o 17 de febreiro de 2011.
- ↑ Yong, William (4 de outubro de 2010). "Iran Lifts Ban on Director, Saying He Issued an Apology". The New York Times. Consultado o 17 de febreiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Irán propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 84ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jodaí-e Nadér az Simín na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)