Saltar ao contido

Lingua aglutinante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En tipoloxía lingüística, parte da lingüística, e segundo criterios morfolóxicos, unha lingua aglutinante é unha lingua na que as palabras se forman "pegando" ao lexema unha serie de afixos de xeito que as fronteiras entre os morfemas quedan ben marcados e que cada morfema se corresponde cun só trazo semántico ou funcional.

Exemplos:

  • en finés, a forma taloissani «nas miñas casas» pode segmentarse da seguinte maneira: talo «casa» + i marca de plural + ssa marca de inesivo («en») + ni sufixo que indica un posesor de primeira persoa do singular («meu, miña, meus, miñas»);
  • en turco, a construción é moi semellante: a partir de ev «casa» fórmase: evler «as casas», evlerim «as miñas casas», e evlerimde «nas miñas casas».
  • en esperanto, de hejm(o) «casa», «lar», fórmase hejme «na casa», hejmen «cara á casa» e miahejmen «cara á miña casa» (mia, pola súa vez, está formado do pronome mi «eu» máis o morfema de adxectivo a).

O termo de lingua aglutinante foi creado en 1836 polo lingüista alemán Wilhelm von Humboldt. Formouno a partir do verbo latino agglutinare, que significa "pegar, encolar".

As linguas aglutinantes distínguense das linguas flexivas, das linguas illantes e das linguas polisintéticas.

Entre as linguas aglutinantes figuran especialmente o finés, o húngaro, o turco, o xaponés, o coreano, o esperanto, o suahili, o náhuatl, o vasco...

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy