Saltar ao contido

Wilhelm von Humboldt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilhelm von Humboldt

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Friedrich Wilhelm Christian Karl Ferdinand von Humboldt Editar o valor en Wikidata
22 de xuño de 1767 Editar o valor en Wikidata
Kabinetthaus, Alemaña (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte8 de abril de 1835 (67 anos)
Berlín, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSchloss Tegel (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ambassador of Germany to the United Kingdom (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónAlma Mater Viadrina (en) Traducir
Universidade de Gotinga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, política, diplomacia, lingüística e actividade tradutora Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Frankfurt (Oder) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónlingüista, filósofo, escritor, historiador, político, antropólogo, mestre, diplomático, tradutor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoGerman new humanism (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloBarón Editar o valor en Wikidata
CónxuxeCaroline von Humboldt Editar o valor en Wikidata
FillosCaroline von Humboldt, Theodor von Humboldt, Adelheid von Hedemann, Gabriele von Bülow Editar o valor en Wikidata
PaisAlexander Georg von Humboldt Editar o valor en Wikidata  e Marie-Elisabeth von Humboldt Editar o valor en Wikidata
IrmánsAlexander von Humboldt Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
15 de abril de 1827reunião (pt) Traducir (Berlín) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гумбольдт Вильгельм)
Allgemeine Deutsche Biographie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX896904 WikiTree: Humboldt-12 Find a Grave: 133549018 Editar o valor en Wikidata

Friedrich Wilhelm Christian Karl Ferdinand Freiherr von Humboldt, nado o 22 de xuño de 1767 en Potsdam e finado o 8 de abril de 1835 en Tegel, foi un lingüista, funcionario, diplomático e filósofo alemán. Despois de realizar estudos científicos, así como de grego e de francés, recibiu unha introdución á filosofía e á administración. Durante tres semestres estudou filoloxía e ciencias en Gotinga con Lichtenberg, onde leu a Kant.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É irmán de Alexander von Humboldt. En calidade de Ministro prusiano de Educación (1809-1810), reformou profundamente o sistema escolar, baseándose nas ideas de Johann Heinrich Pestalozzi — enviou aos profesores prusianos a estudar os seus métodos a Suíza. Como un dos grandes reformistas liberais xunto con Stein e Hardenberg, tivo unha acción determinante no seo do goberno ata 1819, ano no que se retira debido á súa oposición ás ideas reaccionarias que predominaban.

Como funcionario, estará ata 1819 ao servizo do Estado Prusiano, especialmente como diplomático en Francia, o que lle dará a oportunidade de estudar a lingua éuscara, e con tal motivo descobre con cento cincuenta anos de adianto os principios da descrición lingüística moderna: o estudo das linguas en sincronía, o estudo descritivo e non prescriptivo, a importancia do corpus e dos informadores así como a importancia de categorías gramaticais que describen precisamente os fenómenos propios á lingua estudada, o que o leva a rexeitar a pertinencia da gramática latina para unha lingua como o vasco.

O interese de Humboldt céntrase principalmente na tipoloxía, de onde a vontade de describir o maior número de linguas posibles, a fin de descubrir os universais lingüísticos. El sérvese da categorización en linguas con flexión (ruso, alemán, latín), linguas aglutinantes (turco, húngaro) e linguas illantes (chinés). Dos seus traballos presérvanse especialmente a súa filosofía da lingua, destacada por Ernst Cassirer na súa filosofía das formas simbólicas, pero tamén máis xeralmente e máis vagamente, o que se deu en chamar hipótese humboldtiana, que se une á hipótese Sapir-Whorf, que pretende que as categorías da lingua falada predeterminan as nosas categorías de pensamento.

En 1834, bautiza a familia das linguas austronesias, que se estenden pola Illa de Pascua, malaio-polinesia en Über die Kawi-Sprache auf der Insel Java (1836-39, publicación póstuma). O kavi é unha lingua literaria antiga falada en Xava. Esta obra é considerada desde entón como exemplar en materia lingüística.

Introduciu en 1836, o concepto de lingua aglutinante.

Fundou a Universidade Humboldt de Berlín — o que fai del un visionario en materia de investigación e de pedagoxía, capaz de comprender por que é necesario confrontar as disciplinas para facer avanzar o saber sen prexuízos. Era amigo de Goethe e de Friedrich von Schiller.

Castelo de Tegel

[editar | editar a fonte]
Castelo de Tegel

En posesión da familia Humboldt desde o fin do século XVIII, o castelo de Tegel, onde morreu, é tamén chamado Humboldt Schlösschen, tanto máis canto que aínda está habitado polos seus descendentes.

Antigo pavillón de caza dos Grandes Electores, o castelo foi restaurado por Schinkel para as necesidades de Wilhelm von Humboldt. De inspiración clásica, o edificio presenta catro torres angulares adornadas de relevos de Rauch inspirados nas oito divindades da Torre dos Ventos de Atenas.

Schinkel concibiu tamén os apartamentos do castelo preservando a harmonía clásica do conxunto: a maior parte do mobiliario da época eran pezas de colección que Wilhelm von Humbolt trouxo da súa estancia en Roma.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Trabant, L'introduction à l'œuvre sur le Kavi.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy