Saltar ao contido

Michael Dummett

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMichael Dummett

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xuño de 1925 Editar o valor en Wikidata
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Morte27 de decembro de 2011 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Oxford, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónChrist Church College
Sandroyd School
Winchester College
Universidade de Oxford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoÉtica, Filosofía das matemáticas e lóxica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, escritor, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Oxford
Universidade de Birmingham Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enTarot Editar o valor en Wikidata
ProfesoresElizabeth Anscombe Editar o valor en Wikidata
AlumnosEva Picardi Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Británico Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoKosta Došen, Douglas Bridges, David Makinson, Robert Bull, Christopher Peacocke, Trevor Bench-Capon, Mathieu Marion, Ian Rumfitt e Brendan Philip Larvor Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeAnn Dummett (1951–2011) Editar o valor en Wikidata
FillosChris Dummett, Tessa Dummett, Suzie Dummett, Andy Dummett, Paul Dummett Editar o valor en Wikidata
PaisGeorge Herbert Dummett Editar o valor en Wikidata  e Mabel Iris Eardley-Wilmot Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX911776 Dialnet: 1814497 WikiTree: Dummett-76

Sir Michael Anthony Eardley Dummett, nado en Londres o 27 de xuño 1925 e finado en Oxford o 27 de decembro de 2011, foi un filósofo inglés e profesor universitario coa Cátedra Professor Wykeham de Lóxica da Universidade de Oxford, de 1979 a 1992.

Fixo importantes contribucións á filosofía das matemáticas, á lóxica, á filosofía da linguaxe, á metafísica e á historia da filosofía analítica. Ademais, aportou o seu propio sistema de votación en democracia, un traballo científico sobre a familia de xogos de cartas do Tarot, ensaios sobre as leis de inmigración e o estilo da lingua inglesa.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os ámbitos nos que desenvolveu as súas investigacións foron, especialmente, os da lóxica, a filosofía das matemáticas e a filosofía da linguaxe, ademais de desenvolver unha importante actividade contra o racismo. Dentro da tradición da filosofía analítica contemporánea, Dummett caracterízase polo intento de síntese dos problemas tradicionais da filosofía e da metafísica, coa filosofía da linguaxe ordinaria e co fundamento lóxico das matemáticas. Gran parte da súa inspiración provén da teoría de Chomsky, que reafirma así: que tipo de comprensión lingüística hai que atribuír a un falante para que se diga que coñece a súa lingua? Pero, máis aló da perspectiva chomskyana, Dummett (como Davidson) pregúntase que tipos de conceptos e capacidades xerais debe posuír un falante para coñecer a realidade. Intenta, por tanto, propoñer como é posible a linguaxe e como a través dela se pode coñecer o real. Pero a súa principal fonte de inspiración é a filosofía de G. Frege, a cuxo estudo dedicou varias obras, e contribuíu ao renovado interese por este pensador. Partindo dunha reelaboración das categorías fregeanas da lóxica, Dummett amosa as súas raíces na linguaxe natural, polo que sitúa a Frege na orixe da filosofía analítica moderna, cuxa tarefa fundamental, e -segundo el- núcleo da actividade filosófica, é que o da análise da linguaxe. Por iso, proponse desenvolver unha semántica xeral para toda linguaxe natural que, baseada na lóxica de Frege, dea prioridade ás nocións de verdade, enunciado e nomes propios (termos singulares). Pero, mentres Frege considera que o significado dun enunciado é a comprensión das súas condicións de verdade[2], Dummett, en liña co segundo Wittgenstein (a quen non obstante se opón noutras moitas cuestións), considera que "o significado é o uso", e sostén que o significado non está constituído polas condicións de verdade da frase, senón polas súas condicións de afirmación en diversas circunstancias. Deste xeito sepárase de Davidson, xa que considera que a noción de verdade empregada por el transcende o coñecemento que se pode ter. O concepto realista de verdade é, segundo el, inintelixible, e debe ser substituído polo de afirmación xustificada. Por iso rexeita a tradición verificacionista do Círculo de Viena e reivindica o intuicionismo matemático. Polo tanto, partindo desta teoría do significado, Dummett declárase contrario á lóxica tradicional, ao principio de bivalencia e ao terceiro exclusivo, e defende unha lóxica intuicionista capaz de continuar co programa lóxico emprendido por Frege e Russell (a lóxica como fundamento das matemáticas) cuxa limitación viña dada polo feito de que estes autores se apoiaran na lóxica clásica. Por outra banda, defende que as categorías semánticas son as que determinan as categorías ontolóxicas, polo que, para desenvolver unha metafísica adecuada, é necesario, en primeiro lugar, desenvolver unha semántica adecuada.[3]

Dummett é un filósofo citado en estudos modernos sobre lóxica e filosofía da información:

A filosofía comparte coas matemáticas a peculiaridade que non atrae a novas fontes de información empírica mais fundaméntase unicamente sobre as bases do razoamento do que xa coñecemos.[4]
  1. Eintrag Entrada na Academia Europaea
  2. "Ce point de vue se heurte néanmoins au paradoxe suivant, similaire à l'antique paradoxe du „tas“ et rebaptisé par Michael Dummett (né en 1925) „paradoxe de Wang“". universalis.fr (en francés). Consultado o 2024-01-12. 
  3. "Challenges to Metaphysical Realism". Stanford Encyclopedia of Philosophy (en inglés). Consultado o 2024-01-12. 
  4. Floridi, Luciano (2019). Oxford, ed. The Logic of Information. pp. 19–. ISBN 978-0-19-883363-5. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy