Saltar ao contido

Microeconomía

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mercado de froita en Zanzibar.

A Microeconomía (do prefixo grego mikro-, que significa "pequeno" e economía) é unha rama da economía que estuda o comportamento das familias e as empresas na toma de decisións sobre a asignación de recursos limitados.[1] Normalmente, aplícase aos mercados de bens e servizos que se mercan e se venden. A microeconomía examina como estas decisións e comportamentos afectan á oferta e demanda de bens e servizos, que determinan os prezos, e como os prezos, á súa vez, determinan a cantidade ofrecida e a cantidade demandada de bens e servizos.[2][3]

Isto contrasta coa macroeconomía, que implica "a suma total da actividade económica, tratando cuestións de crecemento, inflación, e desemprego."[2] A microeconomía tamén se ocupa dos efectos das políticas económicas (como os cambios dos impostos) nos aspectos económicos nomeados anteriormente.[4]

  1. Marchant, Mary A.; Snell, William M. "Macroeconomic and International Policy Terms" (PDF). Universidade de Kentucky. Consultado o 4 de maio de 2007. 
  2. 2,0 2,1 "Economics Glossary". Monroe County Women's Disability Network. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2016. Consultado o 2008-02-22. 
  3. "Social Studies Standards Glossary". New Mexico Public Education Department. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2007. Consultado o 22 de febreiro de 2008. 
  4. "Glossary". ECON100. Consultado o 22 de febreiro de 2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy