Onda, Castelló
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Castelló | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Plana Baixa | ||||
Capital | Onda (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 25.547 (2023) (235,63 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 108,42 km² | ||||
Altitude | 194 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 300 a. C. | ||||
Santo padrón | Roque de Montpellier e Virxe do O | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Carmina Ballester (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 12200 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 12084 | ||||
Código ARGOS de concellos | 12084 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | onda.es |
Onda é un concello do País Valenciano situado na comarca da Plana Baixa.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Onda está situada ao norte do País Valenciano, na comarca da comarca, provincia de Castelló. O seu termo municipal, que cos seus 108,84 km² é un dos máis grandes da provincia, atópase situado no interior, a tan só uns 20 km da costa, na zona intermedia entre a Serra d'Espadà e a chaira de La Plana, que se estende até o mar Mediterráneo. Esta situación converte a Onda nun punto estratéxico natural de entrada á Serra d'Espadán desde a costa, o que condicionou a historia de Onda e axuda a entender a importancia que no seu día tivo o seu castelo.
Dous ríos atravesan Onda, o río Millars, ao norte e afastado do núcleo urbano, e o río Sonella, ao sur e bordeando a poboación. O pantano do Sitjar, construído na canle do río Millars, atópase tamén no termo municipal. O pico máis alto do termo municipal é o Montí, con 608 m. Un montículo de 284 m, en cuxa cima se atopa o Castelo, preside a poboación.
Na paisaxe destaca a presenza de bosque mediterráneo (piñeiros, aciñeiras, sobreiras e algún albedro), alfarrobeiras, oliveiras, amendoeiras e, sobre todo, cítricos, especialmente laranxeiras, a cuxo cultivo se dedican extensas superficies do termo municipal.
Accédese a esta vila desde Castelló de la Plana tomando a CV-10 para enlazar coa CV-20.
Barrios e pedanías
[editar | editar a fonte]A maior parte da poboación concéntrase no núcleo urbano, aínda que Onda conta cunha pedanía, Artesa, situada a 1,5 km, en dirección a Tales.
Tamén existen diversos barrios (El Tosalet, Mont Blanc, Ratxolar de Matilda, Nueva Onda) situados na periferia do núcleo urbano e lixeiramente separados del.
Localidades limítrofes
[editar | editar a fonte]Onda limita con outros 9 concellos que, comezando polo norte e seguindo en sentido horario, son os seguintes: l'Alcora, Castelló de la Plana, Almassora, Vila-real, Betxí, Artana, Tales, Fanzara e Ribesalbes.
Demografía
[editar | editar a fonte]O número de habitantes de Onda sufriu dende 1900 dous incrementos importantes polo seu volume e rapidez. Durante finais dos anos 50 do século XX e a década de 1960 a poboación practicamente duplicouse, debido á chegada de inmigrantes provenientes na súa maior parte de zonas do sur de España (Murcia, Andalucía e Albacete basicamente). Dende o ano 2000, aproximadamente, está a vivirse un novo "boom" demográfico causado tamén pola inmigración, neste caso de persoas que proveñen de Romanía, o Magreb e América do Sur.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1990 | 1992 | 1994 | 1996 | 1998 | 2000 | 2002 | 2004 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
6.595 | 7.027 | 6.631 | 7.472 | 7.304 | 8.696 | 12.414 | 15.131 | 17.363 | 18.351 | 18.047 | 18.633 | 18.680 | 18.909 | 19.303 | 20.326 | 21.566 | 24.140 | 24.140 |
Economía
[editar | editar a fonte]As principais actividades económicas de Onda son dúas:
- Industrias do sector cerámico. A fabricación de azulexos e pavimentos, que son exportados a todo o mundo, é o principal motor da economía ondeira.
- Cultivo de cítricos.
Actualmente existen un gran número de polígonos industriais nos que a actividade é moi diversa: carpintaría metálica, fabricación de bañeiras e duchas, subministracións industriais, talleres de mecánica e de chapa, carpintarías etc.