Saltar ao contido

Palacio Real de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio Real de Madrid
Fachada da Praza da Armería
Edificio
EstiloBarroco
LocalizaciónMadrid
Coordenadas40°25′05″N 3°42′52″O / 40.417955, -3.714312
Construción
Inicio1738
Remate1892
Dimensións
Superficie135.000 m²
Equipo
Arquitecto(s)Juvara, Sachetti e Sabatini
editar datos en Wikidata ]

O Palacio Real de Madrid é a residencia oficial dos Reis de España. Emprégase en cerimonias oficiais, pois os reis viven no Palacio da Zarzuela. En ocasións tamén se lle chama Palacio de Oriente por mor dunha das súas fachadas que da cara á Plaza de Oriente, na que tamén está o Teatro Real. Noutras das prazas que rodean o palacio atópase a Catedral de Santa María a Real da Almudena de Madrid.

O edificio foi mandado construír polo rei Filipe V sobre as ruínas do antigo Real Alcázar de Madrid despois de que este fose consumido polo lume no ano 1734. As obras comezaron en 1738, e non remataron até 1892.

Na actualidade está xestionado por Patrimonio Nacional, e pode ser visitado polos turistas. No seu interior hai numerosas obras de arte como cadros pintados por Caravaggio, Diego Velázquez ou Goya.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy