Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Macedonia do Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Macedonia do Norte na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Macedonia do Norte, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Despois da disolución de Iugoslavia, a República Socialista de Macedonia declarou a súa independencia como República de Macedonia en 1991 e acudiu á convención da UNESCO o 30 de abril de 1997 baixo o nome de Antiga República Iugoslava de Macedonia (debido ao conflito polo nome do país que mantiña con Grecia).[3] Despois do acordo de Prespa, o nome do país cambiouse oficialmente a Macedonia do Norte no ano 2019.

No ano 2022, había dous sitios en Macedonia do Norte inscritos na lista e outros catro sitios máis na lista de candidaturas. O Patrimonio cultural e natural da rexión de Ohrid inscribiuse na 3ª sesión do Comité da UNESCO en 1979. En 2019, o sitio expandiuse para incluír a parte da costa albanesa do lago, converténdose nun sitio transnacional.[4] En 2021, o sitio dos faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa foi expandido para incluír un bosque de faias dentro do Parque Nacional de Mavrovo, e o sitio é compartido por 17 países europeos máis. Os sitios candidatos de Macedonia do Norte son a cova Slatinski Izvor, a formación xeolóxica Markovi Kuli, o complexo megalítico arqueoastronómico de Kokino e a Igrexa de San Xurxo de Kurbinovo.[5]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Macedonia do Norte
Ano de inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[6]

     * Lugar transnacional

Nome Imaxe Localización (concello) Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición
01 Patrimonio cultural e natural da rexión de Ohrid* Ohrid Ohrid 1979 i, iii, iv, vii (mixto) A cidade de Ohrid é un dos asentamentos humanos máis antigos de Europa con restos arqueolóxicos desde a Idade do Bronce ata a Época Medieval. É un testemuño destacado das artes e da arquitectura bizantinas, como as igrexas de San Xoán en Kaneo e Santa Sofía. Ohrid ten o mosteiro eslavo máis antigo e a primeira universidade eslava dos Balcáns. O lago de Ohrid data da era preglacial e ofrece un refuxio único para numerosas especies de flora e fauna de auga doce endémicas e relictas. O sitio ampliouse en 1980 e tivo lugar unha pequena modificación dos límites en 2009. En 2019, o sitio ampliouse para incluír a parte albanesa do lago.[4]
02 Faiais primarios dos Cárpatos e outras rexións de Europa* Val do río Dlaboka. Mavrovo e Rostuša 2021 1133quater; ix (natural) Este sitio comprende bosques de 18 países europeos. Demostran o proceso de expansión posglacial destes bosques e presentan os patróns ecolóxicos máis completos e as masas forestais puras e mixtas de faia europea a través dunha gran variedade de condicións ambientais. O sitio apareceu por primeira vez en 2007 en Eslovaquia e Ucraína. Estendeuse en 2011, 2017 e 2021 para incluír bosques doutros países. O val do río Dlaboka en Macedonia do Norte engadiuse á lista en 2021.[7]
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. "the former Yugoslav Republic of Macedonia". UNESCO World Heritage Centre. 25 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2012. Consultado o 7 de maio de 2011. 
  4. 4,0 4,1 "Natural and Cultural Heritage of the Ohrid region". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 17 de decembro de 2017. Consultado o 24 de agosto de 2018. 
  5. "UNESCO World Heritage Centre Tentative Lists: Macedonia". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 6 de agosto de 2012. Consultado o 6 de xullo de 2019. 
  6. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  7. "Ancient and Primeval Beech Forests of the Carpathians and Other Regions of Europe". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2020. Consultado o 29 de xullo de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy