Saltar ao contido

Patrimonio da Humanidade en Togo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización dos sitios de Togo na lista do Patrimonio Mundial.

O Patrimonio da Humanidade da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) componse de lugares de importancia para o patrimonio cultural ou natural descritos na Convención do Patrimonio Mundial da UNESCO, estabelecida en 1972.[1] O patrimonio cultural está formado por monumentos (como obras arquitectónicas, esculturas monumentais ou inscricións), grupos de edificios e ruínas (incluíndo sitios arqueolóxicos). As paisaxes naturais (constituídas por formacións físicas e biolóxicas), as formacións xeolóxicas e fisiográficas (incluíndo os hábitats de especies de animais e plantas ameazadas) e os lugares naturais que son importantes dende o punto de vista da ciencia, a conservación ou a beleza natural, defínense como patrimonio natural.[2] Esta é unha lista do Patrimonio da Humanidade en Togo, especificamente clasificada pola UNESCO e elaborada de acordo con dez criterios principais, cuxos puntos son xulgados por especialistas na área. Togo ratificou a convención o 15 de abril de 1998, convertendo os seus lugares elixíbeis para a súa inclusión na lista.[3] No ano 2023, Togo tiña un único lugar Patrimonio da Humanidade, Koutammakou, país dos batammariba, o cal comparte con Benín.[4]

Lista de lugares Patrimonio da Humanidade

[editar | editar a fonte]
Nome: segundo aparece no Comité do Patrimonio da Humanidade
Rexión: de Togo
Ano da inclusión: na lista da UNESCO
Datos da UNESCO: o número de referencia do sitio; o ano en que o xacemento foi inscrito na Lista do Patrimonio Mundial; os criterios nos que apareceu: os criterios de (i) a (vi) son culturais, mentres que de (vii) a (x) son naturais.[5]

     * Lugar transnacional

Nome Imaxe Localización Ano da inclusión Datos da UNESCO Descrición
01 Koutammakou, país dos batammariba Rexión de Kara 2004 1140; v, vi (cultural) A paisaxe de Koutammakou, no nordeste de Togo e no veciño Benín, é o fogar dos batammariba, cuxas notables casas-torre de barro son coñecidas como takienta (sikien en plural). A natureza está fortemente asociada cos rituais e crenzas da sociedade aquí. A paisaxe é excepcional pola arquitectura das casas-torre que reflicten a estrutura social; as súas terras de cultivo e bosque; e as asociacións entre persoas e paisaxe. Os edificios agrúpanse en aldeas, que inclúen tamén espazos cerimoniais, fontes, rochas sagradas e lugares reservados para cerimonias de iniciación.[6]
  1. UNESCO, ed. (21 de novembro de 1972). "Convención para a Protección do Patrimonio Mundial, Cultural e Natural" (PDF). 
  2. "Convention Concerning the Protection of the World Cultural and Natural Heritage". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2021. Consultado o 3 de febreiro de 2021. 
  3. UNESCO (ed.). "Togo na UNESCO". 
  4. "Togo". UNESCO. Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  5. "UNESCO World Heritage Centre – The Criteria for Selection". UNESCO World Heritage Centre. Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2018. 
  6. "Koutammakou, the Land of the Batammariba" (en inglés). UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2023-11-20. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy