Saltar ao contido

Paul Elvstrøm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaul Elvstrøm

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(da) Paul Bert Elvstrøm Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1928 Editar o valor en Wikidata
Hellerup, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de decembro de 2016 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Hellerup, Dinamarca (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura182 cm Editar o valor en Wikidata
Peso85 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, regatista, escritor de non ficción, empresario Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaDinamarca Editar o valor en Wikidata
Deportevela Editar o valor en Wikidata
Participou en
1988Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 1988 - Tornado (pt) Traducir (15º)
1984Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 1984 - Tornado (pt) Traducir (4º)
1972Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 1972 - Soling (pt) Traducir (13º)
1968Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 1968 - Star (pt) Traducir (4º)
1960Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 1960 - Finn (pt) Traducir (1º) (medalla de ouro olímpica)
1956Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 1956 - Finn (pt) Traducir (1º) (medalla de ouro olímpica)
1952Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 1952 - Finn (pt) Traducir (1º) (medalla de ouro olímpica)
1948Vela nos Jogos Olímpicos de Verão de 1948 - Firefly (pt) Traducir (1º) (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosTrine Elvstrøm-Myralf Editar o valor en Wikidata
Premios

Olympic.org: paul-elvstrom Find a Grave: 173618828 Editar o valor en Wikidata

Paul Bert Elvstrøm, nado en Hellerup o 25 de febreiro de 1928 e finado na mesma cidade o 7 de decembro de 2016 foi un regatista dinamarqués. Gañou catro medallas de ouro olímpicas e trece títulos mundiais[1] en clases que incluíron Snipe, Soling, Star, Flying Dutchman e Finn.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Elvstrøm competiu en oito Xogos Olímpicos entre 1948 e 1988, sendo unha das únicas seis persoas (as outras son o regatista Ben Ainslie, o nadador Michael Phelps, o loitador Kaori Icho e os atletas Carl Lewis e Al Oerter) en gañar catro medallas de ouro individuais consecutivas (1948–60), primeiro en Firefly e posteriormente en Finn.[2] Nos seus últimos dous xogos navegou en clase Tornado Catamaran, que nese tempo adoitaba ser dirixido por dous mozos, coa súa filla Trine Elvstrøm.[3]

É un dos catro deportistas que participou nos Xogos Olímpicos ao longo de corenta anos, co esgrimista Ivan Joseph Martin Osiier e os regatistas Magnus Konow e Durward Knowles.[4]

Elvstrøm tamén destacou como desenvolvedor de velas e equipamento náutico. Unha das súas innovacións de máis éxito foi un novo tipo de autobaldeador. O deseño aínda continúa a producirse pola marca Andersen e foi amplamente copiado. Foi ademais un innovador das técnicas de navegación. Por exemplo, empregou a técnica da prancha mediante estribos nun grao maior do que se facía anteriormente e tamén popularizou a técnica do burro.

Fundou unha compañía de fabricación de produtos como mastros, botavaras e velas. Tamén foi importante no desenvolvemento de varias regras internacionais das regatas.

Entre os conceptos innovadores que levou ás regatas foi o concepto de portas en lugar dunha única marca a barlovento ou a sotavento nas probas longas. A porta de sotavento nunha carreira barlovento-sotavento aínda é de uso común. A porta de barlovento é menos empregada debido ás dificultades en organizar a prioridade arredor da porta dereita, sutilezas coñecidas por moitos regatistas.[5]

En 1996, Elvstrøm foi escollido "Deportista Dinamarqués do Século".[6]

En 2007, Elvstrøm estivo entre os primeiro seis incluídos no ISAF Sailing Hall of Fame.[7] Faleceu o 7 de decembro de 2016 aos 88 anos,[8] tras loitar varios anos contra o alzhéimer.

Resultados

[editar | editar a fonte]
Ano Competición Lugar Posición Clase Notas
1948 Xogos Olímpicos Torbay 1.º Firefly
1952 Xogos Olímpicos Finlandia Helsinqui 1.º Finn
1956 Campionato do mundo de Finn Burnham-on-Crouch 2.º Finn [9]
Xogos Olímpicos Australia Melbourne 1.º Finn
1957 Campionato do mundo de 505 Francia La Baule-Escoublac 1.º 505 [10]
1958 Campionato do mundo de 505 Francia La Baule-Escoublac 1.º 505 [10]
Campionato do mundo de Finn Bélxica Zeebrugge 1.º Finn [9]
1959 Campionato do mundo de Finn Dinamarca Copenhague 1.º Finn [9]
Campionato do mundo de Snipe Porto Alegre 1.º Snipe [10]
1960 Xogos Olímpicos Italia Nápoles 1.º Finn
1962 Campionato do mundo de Flying Dutchman St. Petersburg 1.º Flying Dutchman [10]
1966 Campionato do mundo de 5.5 Metre Dinamarca Copenhague 1.º 5.5 metres
Campionato do mundo de Star Alemaña Kiel 1.º Star [10]
1967 Campionato do mundo de Star Dinamarca Copenhague 1.º Star [10]
1969 Campionato do mundo de Soling Dinamarca Copenhague 1.º Soling [10]
Campionato do mundo de Star San Diego 2.º Star [10]
1971 Campionato do mundo de Soling Nova York 3.º Soling
1972 Half Ton Cup / Campionato do mundo Mastrand 1.º Half Ton [11]
1974 Campionato do mundo de Soling Australia Sydney 1.º Soling [10]
1985 Campionato do mundo de Tornado Alemaña Travemünde 3.º Tornado [10]
  1. Paul Elvstrom
  2. "International Olympic Committee – Athletes". Consultado o 13 de agosto de 2008. 
  3. "Paul Elvstrøm". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2015. Consultado o 07 de xaneiro de 2020. 
  4. Glenday, Craig (29 de novembro de 2018). "Guinness World Records 2012". Bantam Books – vía Google Books. 
  5. "Scuttlebutt: Archived Newsletters". Consultado o 13 de agosto de 2008. 
  6. Albrechtsen, Karin; Leksikon, Gyldendal. "Paul Elvstrøm". Denmark.dk. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2018. Consultado o 16 de xaneiro de 2018. 
  7. "ISAF Hall of Fame : Paul Elvström". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2008. Consultado o 13 de agosto de 2008. 
  8. Andersen, Jens. "Paul Elvstrøm er død". dr.dk (en dinamarqués). DR. Consultado o 7 de decembro de 2016. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "Finn World Championships". the-sports.org. Consultado o 20 de abril de 2012. 
  10. 10,00 10,01 10,02 10,03 10,04 10,05 10,06 10,07 10,08 10,09 "Paul Elvstrøm – Results". sailing.org. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2017. Consultado o 21 de abril de 2012. 
  11. https://sailboatdata.com/sailboat/bes-12-ton

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Elvstrom, Paul. Expert Dinghy and Keelboat Racing, 1967, Times Books, ISBN 0-8129-0054-5
  • Elvstrom, Paul. Elvström Speaks on Yacht Racing, 1970, One-Design & Offshore Yachtsman Magazine, ISBN 0-8129-0134-7
  • Elvstrom, Paul. Elvström Speaks -- to His Sailing Friends on His Life and Racing Career, 1970, Nautical Publishing Company, ISBN 0-245-59851-0
  • Paul Elvström Explains the Yacht Racing Rules, First edition 1969, title updated to Paul Elvstrom Explains the Racing Rules of Sailing: 2005–2008 Rules. Updated four-yearly in accordance with racing rules revisions, various authors and publishers. ISBN 0-07-145626-0
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy