Saltar ao contido

Portimão

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPortimão
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°08′00″N 8°32′00″O / 37.1333, -8.5333
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Faro Editar o valor en Wikidata
CapitalPortimão Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación59.845 (2021) Editar o valor en Wikidata (328,71 hab./km²)
Xeografía
Superficie182,06 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Santo padrónInmaculada Concepción Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal8500 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webcm-portimao.pt Editar o valor en Wikidata
Facebook: portimaomunicipio Instagram: portimaooficial Youtube: UCZcGHzG74dStm4Ow7E-XlfQ Editar o valor en Wikidata

Portimão é unha cidade portuguesa do Distrito de Faro, rexión e subregión do Algarve. O centro da cidade esta a 2 km do mar e é un centro importante de pesca e turismo.[1]

No municipio de Portimão hai importantes vestixios arqueolóxicos que comproban a presenza humana nesta zona desde o neolítico. Así, na zona de Alcalar, parroquia de Mexilhoeira Grande, hai unha importante necrópole neolítica, da cal resta soamente unha parte, o monumento -número 7- composto por unha cámara circular de placas de xisto, ao que se accede por un corredor, exemplo de monumentos idénticos que se atopan en toda a Europa occidental, principalmente en Irlanda. Moi preto desta zona, a 1 quilómetro e medio, hai outra necrópole en Monte Canelas. Outro vestixio moi importante é unha estación arqueolóxica romana con varias salas e que data da época da Romanización. Esta atópase cerca do pobo de Figueira, zona de Abicada, na confluencia de dúas ribeiras. Tamén a uns sete quilómetros, na zona de Coca Maravilhas, foi descuberta unha cisterna deste período e que se presenta moi ben conservada. Ademais, no río Arade atopáronse diversos achados arqueolóxicos, incluíndo moedas de ouro. Baixo o reinado do Rei D. Afonso V (1463) nace Vila Nova de Portimão, rapidamente promovida polo transporte marítimo da costa africana. O terremoto de 1755 interrompe a vida e a economía da terra, que só pode comezar a recuperarse a finais do século XVIII, co desenvolvemento do comercio das noces (noces, améndoas e figos), do peixe e da industria conserveira arqueolóxicos dan fe de asentamentos no neolítico.

Neolítico

[editar | editar a fonte]

Na zona de Alcalar hai unha necrópole.

Século XX

[editar | editar a fonte]

O día 11 de decembro de 1924 a -Vila Nova de Portimão- cambia de estado e pasa a cidade de Portimão polo entón Presidente da República, Manuel Teixeira Gomes, un fillo nativo. Portimão creceu dando un maior énfase ás actividades marítimas, á industria de conservas e á construción de buques. Pero non deixou de lado a cultura do sal, o comercio de produtos rurais, tales como algareabas, figos e améndoas, e as industrias da madeira e do forcho. Logo da subida e a caída da industria conserveira nas décadas de 60 e 70, a cidade desenvolveuse como destino turístico e conta cunha ampla gama de hoteis, restaurantes e tendas.

Así, desde mediados do século XX, a cidade de Portimão se caracterizou polo crecemento do turismo, que foi unha contribución importante para o desenvolvemento da provincia e da súa economía e que segue sendo hoxe en día. Converteuse nun popular destino de vacacións debido, principalmente, ás súas praias (Rocha, Vau e Alvor) e tamén é considerada unha cidade de referencia para os amantes da pesca e dos deportes motorizados.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

O concello de Portimão organizou eventos de carácter internacional, tales como: -Portimão Dakar-, en 2007; a organización (anual) dunha proba do -Campionato Mundial de Fórmula1 Power Boat- en lanchas a motor; a organización de varios eventos no Autódromo Internacional do Algarve, por exemplo -Le Mans Series- Na actualidade, Portimão é o terceiro porto a nivel nacional, só por detrás de Lisboa e Funchal, que recibe maior número de pasaxeiros de barcos de cruceiro, mellorando así a calidade turística nunha rexión caracterizada polo turismo de masas. Para o éxito desta industria contribuíu, en gran medida, a estreita colaboración entre o municipio de Portimão e unha empresa española Naviera Armas[2] que asegura o tráfico entre Portimão (Portugal Continental) - Funchal (Madeira, Portugal Insular) e as Illas Canarias (España).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

É sede dun municipio con 183 km² de área de 52.000 habitantes (2006), subdividido en 3 freguesías. O municipio limita ao norte con municipio de Monchique, ao leste con Silves e Lagoa, ao oeste con Lagos e ao sur ten litoral no océano Atlántico. Portimão é unha cidade portuguesa que se atopa na provincia de Algarve, distrito de Faro. O centro da cidade está situado na beira do río Arade e a dous quilómetros da Praia da Rocha, importante centro turístico da zona occidental do Algarve (Barlovento). Este municipio engloba 3 distritos municipais, Portimão, Alvor e Mexilhoeira Grande. De acordo con datos do censos 2011, Portimão ten unha poboación de 55.818 habitantes.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Poboación do concello de Portimão (1981 – 2011)
1981 1991 2001 2011
34 464 38 883 44 818 55 614

Freguesías do municipio

[editar | editar a fonte]
  1. Detail Regional Map, Algarve- Southern Portugal, ISBN 3-8297-6235-6
  2. "Naviera Armas". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2014. Consultado o 07 de marzo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy