S/2009 S 1
Aparencia
S/2009 S1 é a designación provisional dunha pequena lúa de Saturno descuberta por Carolyn Porco e o Equipo de Imaxes da Cassini o 26 de xullo do 2009. Orbita Saturno a unha distancia aproximada de 117.000 quilómetros, ten un diámetro aproximado duns 300 metros e está situada na parte externa do anel B. A lúa foi avistada cando se cruzaba o plano dos aneis, a lúa proxecta unha alongada sombra sobre os aneis (sombra aproximadamente de 36 km). Sobresae 150 metros aproximadamente sobre o plano que forman os aneis.[1] A imaxe foi tomada a unha distancia de 296.000 km de Saturno.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Porco, C. e o Equipo de Imaxes da Cassini (2 de novembro do 2009). "S/2009 S1". IAU Circular 9091. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 08 de marzo de 2010.
- ↑ JPL, ed. (7 de agosto do 2009). "A Small Find Near Equinox". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2009. Consultado o 2 de xaneiro do 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]