Saltar ao contido

S/2009 S 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O punto brillante cunha longa sombra no centro da imaxe é S/2009 S1. A división Cassini queda a dereita.

S/2009 S1 é a designación provisional dunha pequena lúa de Saturno descuberta por Carolyn Porco e o Equipo de Imaxes da Cassini o 26 de xullo do 2009. Orbita Saturno a unha distancia aproximada de 117.000 quilómetros, ten un diámetro aproximado duns 300 metros e está situada na parte externa do anel B. A lúa foi avistada cando se cruzaba o plano dos aneis, a lúa proxecta unha alongada sombra sobre os aneis (sombra aproximadamente de 36 km). Sobresae 150 metros aproximadamente sobre o plano que forman os aneis.[1] A imaxe foi tomada a unha distancia de 296.000 km de Saturno.[2]

  1. Porco, C. e o Equipo de Imaxes da Cassini (2 de novembro do 2009). "S/2009 S1". IAU Circular 9091. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2011. Consultado o 08 de marzo de 2010. 
  2. JPL, ed. (7 de agosto do 2009). "A Small Find Near Equinox". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2009. Consultado o 2 de xaneiro do 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]


pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy