A selección de hóckey a patíns masculina de Mozambique é o equipo masculino que representa a Mozambique nas competicións internacionais de hóckey a patíns. Trátase, xunto con Angola dunha das mellores seleccións deste deporte no Continente africano. É a única selección africana que conta cun título a nivel mundial, ao proclamarse campión do Campionato do Mundo "B" na súa edición do 2006 disputada en Montevideo (Uruguai).