Saltar ao contido

Sendeirismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sendeirismo nos Pireneos (España), polo GR-11, nas proximidades do pico Anayet

O sendeirismo, unha especialidade do montañismo, é unha actividade deportiva non competitiva que se realiza sobre camiños balizados e homologados polo organismo competente de cada país. Consiste en camiñar principalmente polo campo seguindo sendas ou camiños. Etimoloxicamente a palabra provén de sendeiro.

O sendeirismo busca achegar ás persoas ao medio natural e ao coñecemento da zona a través do patrimonio e os elementos etnográficos e culturais, utilizando preferentemente o sistema tradicional de vías de comunicación, tales como canellóns reais, camiños veciñais, sendas e carreiros.[1]

O sendeirismo constitúe unha simbiose entre deporte, cultura e as paisaxes naturais.[Cómpre referencia]

O sendeirismo é unha actividade que pode confundirse co excursionismo. Segundo despréndese da extensa literatura sobre deportes ao aire libre, o excursionismo sería a disciplina máis próxima e precursora do sendeirismo, aínda que a diferenza deste, discorre por carreiros non balizados e, por tanto, non conta coas garantías de seguridade e calidade que proporcionan os sendeiros homologados. Na maioría de ocasións, a actividade adoita desenvolverse durante un mesmo día.

Historia do sendeirismo

[editar | editar a fonte]

En España, o feito de sinalizar carreiros co fin de facilitar o seu percorrido produciuse con anterioridade a 1972 en diversas partes da xeografía, pero sempre con carácter local. Pódese dicir que o sendeirismo se introduciu en España a través da chegada en 1972 dun escrito da Association de Tourisme Pédestre de París á Federación Española de Montañismo (actualmente FEDME - Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada - ) no que se solicitaba a continuación do itinerario europeo E-4 desde a fronteira en Puigcerdá (Cataluña) até a parte meridional da Península Ibérica[2]

Ao ano seguinte, en 1973, decidiuse adoptar o sistema francés de sinalización e tomar a normativa do país veciño para desenvolver un borrador sobre normativa de sinalización e aprobar o 1.er. Plan de Sendeiros.

No ano 1975, en concreto o día 2 de marzo, Enric Aguadé Sans e Joan Cullell pintan a primeira marca branca e vermella en Tivissa (Tarragona, España), pertencente ao GR-7, que hoxe en día se estende até Tarifa e forma parte de devandito itinerario europeo E-4.

Nos anos 90, triunfaron os carreiros PR. Foi a década da consolidación, generalización e popularización do sendeirismo como deporte, e a época na que devandito deporte transcendeu do mundo montañeiro á poboación en xeral.

Na actualidade, a homologación das rutas en España corresponde ás federacións territoriais de montaña correspondentes, segundo sexa o carreiro, e conforme á lexislación vixente nas comunidades autónomas que a posúen.

En Galicia tamén foi nos anos 90 cando comezan a marcarse os sendeiros.

As rutas de pequeno percorrido en Galicia son diferenciadas polas siglas PR-G (literalmente "Pequeño Recorrido Gallego") que ás veces é traducido por Pequeno Roteiro Galego.

O primeiro PR-G foi marcado nas proximidades de Vigo pola entidade deportiva Club Montañeiros Celtas. É o PR-G 1 Galiñeiro, que ascende ó cumio do mesmo nome e que percorre montes das parroquias de Zamáns (de Vigo) e Vincios (de Gondomar).

A homologación das rutas PR-G correspóndelle á Federación Galega de Montañismo.

O Sendeiro Homologado

[editar | editar a fonte]
Marca no tronco dunha árbore dun GR.

Un sendeiro homologado, segundo o Comité Estatal de Sendeirismo da Federación Española de Montañismo, é unha instalación deportiva, identificada por un código de marcas patentado, que se desenvolve preferentemente no medio natural e sobre viarios tradicionais, e que conta co visto e prace do organismo competente ao cumprir os requisitos esixidos pola lexislación de cada país. O seu fin é facilitar ao cidadán o seu percorrido con seguridade e calidade.

O feito de estar homologado implica que o carreiro se atopa sinalizado con devandito sistema de marcas, que conta cunha topoguía descritiva, que existe un compromiso de mantemento por parte do promotor e que cumpre os requisitos establecidos polo organismo competente en cada país e que en España é a Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada (FEDME).

En principio, as características que poden esperarse dun carreiro homologado son as seguintes:

  • Ser apto para a gran maioría da poboación.
  • Ser transitable durante todo o ano.
  • A utilización e recuperación de antigos camiños de comunicación fronte a rutas máis modernas.
  • Ter interese paisaxístico, histórico, etnográfico ou ambiental.
  • Fomentar a actividade senderista dunha zona.
  • Non ter grandes desniveis durante tramos prolongados e evitar a ascensión a cimas montañosas.
  • Non transitar por tramos con tráfico rodado ou zonas que en condicións normais presenten algún risco.
  • Non precisar para o seu percorrido de coñecementos, técnicas ou materiais especiais.
  • Estar sinalizado suficientemente co sistema oficial de cada país.
  • Contar cunha topoguía descritiva do itinerario así como dos valores ambientais, paisaxísticos, culturais e etnográficos do percorrido.

Sendeiros PR-G en Galicia

[editar | editar a fonte]
    • PR-G 1, O Galiñero
    • PR-G 2, Monte Aloia
    • PR-G 4, Camiño Real de San Pedro de Rocas
    • PR-G 5, Eifonso
    • PR-G 6, Ruta da Batalla de Brión
    • PR-G 7, Ruta do Faro
    • PR-G 8, Morgallón - Río Sor - Morgallón
    • PR-G 9, Alba - Outeiros
    • PR-G 11, Río Tambre - Devesa do Nimo
    • PR-G 12, Monte San Lois
    • PR-G 14, Ruta do Loio
    • PR-G 16, Circular de Neda
    • PR-G 17, Arredor de Cambre
    • PR-G 19, Tui - Candelas - Tui
    • PR-G 20, Circular de Cuntis
    • PR-G 21, Cuntis - Valga
    • PR-G 22, Panorámico de Valga
    • PR-G 23, Circular de Ferrol
    • PR-G 24, A Freixa
    • PR-G 25, Foxo do Lobo
    • PR-G 26, Santo Aparecido - Xunqueiras
    • PR-G 27, Ruta de Queguas
    • PR-G 28, Ruta de Padrendo
    • PR-G 29, Sendero de San Xurxo
    • PR-G 30, Sendero de A Picaraña
    • PR-G 31, Quintela de Leirado - Serra de Laboeiro
    • PR-G 32, Celanova - Serra de Laboeiro
    • PR-G 33, Bande - Serra de Laboeiro
    • PR-G 34, Terrachá - Queguas
    • PR-G 35, O río dos dous nomes
    • PR-G 36, Sendero de San Xoán de Cova
    • PR-G 37, Ruta dos Muíños
    • PR-G 38, Costa da Morte
    • PR-G 39, Fraga das Reigadas
    • PR-G 45, Sendero vistas de Cabanas
    • PR-G 46, Sendero de Forgoselo
    • PR-G 47, Sendero de San Sadurniño
    • PR-G 48, Entre Rías
    • PR-G 59, Ruta da Auga
    • PR-G 60, Cicular de Priegue
    • PR-G 61, Camos - Parada - Chandebrito
    • PR-G 62, Ruta dos Petróglifos
    • PR-G 67, Sendero Histórico de Mos
    • PR-G 68, Vía escondida
    • PR-G 69, Sendero Frai Martín Sarmiento
    • PR-G 70, Sendero Laxe - Punta Insua
    • PR-G 71, Ruta Pombar - Reboredo
    • PR-G 72, Ruta Loña do Monte - Virxe do Monte
    • PR-G 73, Ruta Faramontaos - Nigueiroá
    • PR-G 74, Ruta Valdoperro - O Campo
    • PR-G 75, Ruta Nogueira - Liñares
    • PR-G 76, Senda do Río Avia
    • PR-G 77, Senda de Boborás
    • PR-G 78, Senda da Pena Corneira
    • PR-G 79, Senda do Arenteiro
    • PR-G 80, Senda de Santa Marta
    • PR-G 81, Ruta da Fraga da Becerreira
    • PR-G 82, Ruta do monte Roxal - Teixido
    • PR-G 83, Ruta do Vento
    • PR-G 84, Ruta de subida o Picato
    • PR-G 85, Ruta da Fraga de Vilapena
    • PR-G 86, Senderismo viñedos da Ribeira Sacra
    • PR-G 87, Senderismo pola costa norte de Oleiros
    • PR-G 88, Sendeiro Bardáns - Castenda (Concello de Tordoia)
    • PR-G 89, Sendeiro Santaia - Cabaleiros (Concello de Tordoia)
    • PR-G 90, Ruta do Río Grande - Río Beluso
    • PR-G 91, Ruta Piscinas do Río Pedras - Portela
    • PR-G 92, Ruta Circular Ribeira - Axeitos - Ribera
    • PR-G 93, Ruta da Ribeira do Ulla - Concello de Touro (A Coruña)
    • PR-G 94, Ruta dos Muíños do Folón e do Picón
    • PR-G 95, Sendero de "Os Carranos" - Covelo (Pontevedra)
    • PR-G 96, "Sendero Roteiro Mariñán - Costa Doce" (Sada)
    • PR-G 97, Roteiro mariñán do río Gobia
    • PR-G 98, Cañón do Sil - Santa Cristina
    • PR-G 99, Ruta da Auga de Guitiriz
    • PR-G 100, Sendero Natural Aciveiro - Candán
    • PR-G 101, Roteiro Mariñán Costa da Egoa (Carral)
    • PR-G 102, Sendero dos Muiños de Riomayor (Pontevedra)
    • PR-G 103, Sendero dos Petróglifos de Cobres (Pontevedra)
    • PR-G 104, Sendero da Croa (Pontevedra)
    • PR-G 105, Sendero dos Muiños da Barosa (Pontevedra)
    • PR-G 106, Sendero Chandovilar e Muiños de Vilaboa (Pontevedra)
    • PR-G 107, Sendero da Pedra Miranda (Pontevedra)
    • PR-G 108, Sendero de Tres Pinos (Pontevedra)
    • PR-G 109, Sendero das Almiñas e do Foxo do Lobo (Pontevedra)
    • PR-G 111, Ruta Arteixo Bregua Xalo Carral
    • PR-G 112, Sendero de Pescadores Río Miño - Tamuxe
    • PR-G 113, Ruta das Pontes del Río Lérez
    • PR-G 114, Ruta de senderismo Laxe - Traba
    • PR-G 115, Ruta Adro Vello - Lembranzas da historia (O Grove)
    • PR-G 116, Ruta Con negro Arte ao Natural (O Grove)
    • PR-G 117, Ruta da fraga aos muíños I e II (Mesía)
    • PR-G 118, Ruta dos Soutos (Vilariño de Conso)
    • PR-G 119, Ruta do Xabriña (Covelo)
    • PR-G 120, Ruta dos Penedos da Picaraña (Ponteareas)
    • PR-G 121, Ruta dos Tres Ríos (Touro)
    • PR-G 122, Ruta camiños do Tegra (A guarda)
    • PR-G 123, Ruta Ponte de Ramos (Cuntis)
    • PR-G 124, Ruta da Auga, Fontes e Lavadoiros de Parada (Silleda)
    • PR-G 125, Sendero de Visantoña (Santiso)
    • PR-G 126, Ruta dos Miradoiros - Lobeira - Faro das Luas (Arousa)
    • PR-G 128, Ruta do Pan (Ourense)
    • PR-G 129, Senda Rodís – Xesteda (Cerceda)
    • PR-G 130, Sendero Meirama - Xalo - Meirama (Cerceda)
    • PR-G 131, Ruta Cerceda - Portobrea (Cerceda)
    • PR-G 132, Ruta dos Montes de San Cibrán (Salceda de Caselas)
    • PR-G 133, Sendero Muíños do Poñente (Castroverde)
    • PR-G 134, Sendeiro de Pena Guímara (Fonsagrada)
    • PR-G 135, Roteiro da Escuadra (A Lama)
    • PR-G 137, Ruta dos Soutos de Cesuris (Manzaneda)
    • PR-G 138, Ruta Val do Glaciar de Prada (Manzaneda)
    • PR-G 141, Ruta do Ouro e do Camiño Real (Quiroga)
    • PR-G 142, Rota das férvedas (Carballo)
    • PR-G 143, Roteiro do Río Arnoia (Gomesende - Ramirás)
    • PR-G 144, Ruta Natural dos Castros e Nivieira (Rubiá)
    • PR-G 145, Ruta da Marronda - Alto Eo (Baleira)
    • PR-G 147, As Fragas da Ribeira e Lostegal (As Pontes de García R.)
    • PR-G 148, Camiño da ribeira: do río Anllóns ao mar de Corme (Ponteceso)
    • PR-G 151, Ruta das Lagoas - Rede da Terra Chá (Cospeito)
    • PR-G 152, Ruta dos Muíños - Rede da Terra Chá (Abadín)
    • PR-G 153, Augas de Fomiñá - Rede da Terra Chá (A Pastoriza)
    • PR-G 154, Ruta do Azúmara - Rede da Terra Chá (Castro de Rei)
    • PR-G 155, Miradoiro da Terra Chá - Rede da Terra Chá (Outeiro de Rei)
    • PR-G 157, Roteiro Augas Mestas - Doade (Quiroga - Sober)
    • PR-G 159, Sendero de Quintá - Río Donsal (Becerreá)
  1. "Manual de Senderos 2007 de la Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de novembro de 2011. Consultado o 15 de xuño de 2016. 
  2. "Breve historia del senderismo en España, por la FEDME" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de novembro de 2007. Consultado o 15 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy