Saltar ao contido

Weezer (Blue Album)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Weezer
Álbum de Weezer
Publicado10 de maio de 1994
Gravaciónagosto - setembro de 1993
Estudio(s)Electric Lady Studios, Nova York
Duración41:17
Xénero(s)rock alternativo, powerpop
Selo(s)DGC Records
ProdutorRic Ocasek
Cronoloxía
The Kitchen Tapes Weezer Pinkerton
Na rede
Spotify: 1xpGyKyV26uPstk1Elgp9Q Discogs: 35266 Allmusic: mw0000329481 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Weezer (tamén coñecido coma The Blue Album) é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Weezer. Foi editado o 10 de maio de 1994 a través do selo DGC Records. No álbum aparecen os sinxelos "Undone - The Sweater Song", "Buddy Holly" e "Say It Ain't So", que foron os responsables de lanzar á banda ao gran público coa axuda dos seus videoclips dirixidos por Spike Jonze. En agosto do 2009 o álbum levaba vendidas máis de 3,3 millóns de copias nos Estados Unidos e trátase do álbum de Weezer con máis vendas.[1]

No ano 2003 foi colocado no número 299 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[2].

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Weezer formárona o 14 de febreiro de 1992 nos Ánxeles Rivers Cuomo, Pat Wilson, Matt Sharp e Jason Cropper. Comezaron a tocar en clubs e pequenos locais da zona de Los Angeles, porén, pasou bastante tempo antes de que a banda gañase algo de fama.

Weezer gravou The Kitchen Tapes como un intento de facerse escoitar na cidade. A banda finalmente conseguiu a atención do representante dun gran selo que buscaba grupos de rock alternativo. Entón asinaron un contrato para DGC Records o 26 de xuño de 1993 con Todd Sullivan, A&R de Geffen Records.

Listaxe de cancións

[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Rivers Cuomo, agás onde se indique. 

N.º Título Duración
1. "My Name Is Jonas" (Cuomo, Pat Wilson, Jason Cropper) 3:24
2. "No One Else"   3:04
3. "The World Has Turned and Left Me Here" (Cuomo, Wilson) 4:19
4. "Buddy Holly"   2:39
5. "Undone - The Sweater Song"   5:05
6. "Surf Wax America" (Cuomo, Wilson) 3:06
7. "Say It Ain't So"   4:18
8. "In the Garage"   3:55
9. "Holiday"   3:24
10. "Only in Dreams"   7:59
  1. Billboard (ed.). "Weezer Filled With 'Raditude' This Fall". Consultado o 25 de setembro de 2014. 
  2. "500 mellores álbums de todos os tempos segundo a Rolling Stone". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2013. Consultado o 16 de maio de 2013. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy