Weezer (Blue Album)
Weezer | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Weezer | ||||
Publicado | 10 de maio de 1994 | |||
Gravación | agosto - setembro de 1993 | |||
Estudio(s) | Electric Lady Studios, Nova York | |||
Duración | 41:17 | |||
Xénero(s) | rock alternativo, powerpop | |||
Selo(s) | DGC Records | |||
Produtor | Ric Ocasek | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Weezer (tamén coñecido coma The Blue Album) é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo Weezer. Foi editado o 10 de maio de 1994 a través do selo DGC Records. No álbum aparecen os sinxelos "Undone - The Sweater Song", "Buddy Holly" e "Say It Ain't So", que foron os responsables de lanzar á banda ao gran público coa axuda dos seus videoclips dirixidos por Spike Jonze. En agosto do 2009 o álbum levaba vendidas máis de 3,3 millóns de copias nos Estados Unidos e trátase do álbum de Weezer con máis vendas.[1]
No ano 2003 foi colocado no número 299 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[2].
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Weezer formárona o 14 de febreiro de 1992 nos Ánxeles Rivers Cuomo, Pat Wilson, Matt Sharp e Jason Cropper. Comezaron a tocar en clubs e pequenos locais da zona de Los Angeles, porén, pasou bastante tempo antes de que a banda gañase algo de fama.
Weezer gravou The Kitchen Tapes como un intento de facerse escoitar na cidade. A banda finalmente conseguiu a atención do representante dun gran selo que buscaba grupos de rock alternativo. Entón asinaron un contrato para DGC Records o 26 de xuño de 1993 con Todd Sullivan, A&R de Geffen Records.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Tódolos temas escritos e compostos por Rivers Cuomo, agás onde se indique.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "My Name Is Jonas" (Cuomo, Pat Wilson, Jason Cropper) | 3:24 |
2. | "No One Else" | 3:04 |
3. | "The World Has Turned and Left Me Here" (Cuomo, Wilson) | 4:19 |
4. | "Buddy Holly" | 2:39 |
5. | "Undone - The Sweater Song" | 5:05 |
6. | "Surf Wax America" (Cuomo, Wilson) | 3:06 |
7. | "Say It Ain't So" | 4:18 |
8. | "In the Garage" | 3:55 |
9. | "Holiday" | 3:24 |
10. | "Only in Dreams" | 7:59 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Billboard (ed.). "Weezer Filled With 'Raditude' This Fall". Consultado o 25 de setembro de 2014.
- ↑ "500 mellores álbums de todos os tempos segundo a Rolling Stone". Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2013. Consultado o 16 de maio de 2013.