Saltar ao contido

Río Urumea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°19′34″N 1°58′56″O / 43.32611, -1.98222

Río Urumea
Vista do Urumea en Donostia
PaísEspaña
NacementoPorto de Ezkurra (Navarra)
Lonxitude44,9 km
Conca279 km²
Caudal medio9,99 m³/s
DesembocaduraMar Cantábrico

O río Urumea (do éuscaro, ur, «auga», e mehea, «fina») é un río do norte de España que nace en Navarra e desemboca na cidade de Donostia (Guipúscoa).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O río Urumea nace no porto de Ezkurra (Navarra), nunha das zonas con máis precipitacións da Península Ibérica. Descende por un val estreito e fondo ata Goizueta. Recibe o Añarbe discorrendo en rápida pendente a partir de Artikutza, atravesa os núcleos de Pagoaga e Pikoaga ata chegar a Hernani.

Prosegue por Astigarraga e entra na cidade de Donostia, pasando polos barrios de Martutene, Loiola, separando a Eguía e Gros de Amara e o centro, para desembocar no mar Cantábrico entre o monte Urgull e a praia de Zurriola. A súa cunca ten soamente 279 km² e ten 45 km de lonxitude.

No seu percorrido recibe as augas dos seguintes afluentes: pola dereita, Añarbe, Beltza, Lizarrei, Aparrain, Eskaitz, Usoko, Epele, Marindegi e Taulako; pola izquierda, Pagoaga, Sagarreta, Olaberri, Bezkite, Sagatzain, Txonkueneku, Portu, Latzumbe, Buztin e Agerre.

Características

[editar | editar a fonte]

A forma actual da desembocadura é moi diferente á doutros tempos. Entón era moi ancha, entre os montes Ulía e Igueldo, e Urgull era só un illote que saía no centro e as augas discorrían por gran parte do actual Gros e a totalidade de Amara novo, formando marismas e terreos pantanosos.

O río Urumea adoita rexistrar as maiores crecidas no outono e a principios do inverno, producíndose ocasionalmente algunhas inundacións en Hernani, Astigarraga e no barrio donostiarra de Martutene. Ao ter unha cunca pequena e poucos quilómetros de percorrido, o seu caudal pode variar de forma rápida, pode subir o seu nivel en poucas horas e si nuns cantos días non se producen precipitacións este pode descender considerablemente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy