Saltar ao contido

Teia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo VI Editar o valor en Wikidata
Morte30 de outubro de 552 Editar o valor en Wikidata
Nuceria, Italia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate Editar o valor en Wikidata
Rei de Italia
xullo de 552 – 30 de outubro de 552
← Tótila
Rei dos ostrogodos
551 – setembro de 552
← TótilaSupresión do cargo → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Carreira militar
ConflitoBatalha de Tagina (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsAligerno Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata

Teia (falecido o 552 ou 553), tamén coñecido como Teza, Theia, Thila, Thela ou Teias, foi o último rei ostrogodo en Italia.

Teia era un oficial que serviu baixo o mando de Tótila e foi elixido o seu sucesor cando este foi derrotado na batalla de Tagina (tamén coñecida como batalla de Busta Gallorum.)

No seu camiño cara ao sur de Italia, conseguiu o apoio de prominentes figuras no exército de Tótila - como Scipuar, Gundulf (Indulf), Gibal e Ragnaris - para facer o seu último ataque contra o xeneral bizantino Narsés na batalla de Mons Lactarius, ao sur de Nápoles, en outubro do 553. O exército ostrogodo volveu ser derrotado. Teia foi morto, o seu irmán Alixerno rendeuse, Scipuar e Gibal probabelmente caeron. Gundulf e Ragnaris escaparon do campo; este último foi mortalmente ferido logo dunha tentativa de asasinato por axentes de Narsés.

Con esta derrota terminou a resistencia organizada dos ostrogodos. Aínda que o último nobre ostrogodo, Widhin, se rebelou ao norte de Italia no ano 550 e foi capturado no 561 ou 562, os ostrogodos desapareceron na escuridade.

Predecesor:
Tótila
Rei dos ostrogodos
552553
Sucesor:
 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy