Saltar ao contido

Leandro Carré Alvarellos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeandro Carré Alvarellos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Leandro Carré y Alvarellos Editar o valor en Wikidata
30 de agosto de 1888 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de febreiro de 1976 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor en Wikidata
Outros nomesFabriella
L. de S. Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlexicógrafo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLar Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoTeatro, narrativa, gramáticas e edicións
Obra
Obras destacables
Familia
FillosLeandro Carré Brandariz Editar o valor en Wikidata
PaiUxío Carré Aldao Editar o valor en Wikidata
IrmánsGonzalo Carré Alvarellos
Lois Carré Alvarellos
Uxío Carré Alvarellos Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

BNE: XX967520 BUSC: carre-alvarellos-leandro-1888-1976

Leandro Carré Alvarellos, nado na Coruña o 30 de agosto de 1888 e finado na mesma cidade o 14 de febreiro de 1976, foi un escritor galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi o cuarto fillo (de once irmáns) de Uxío Carré Aldao e Purificación Alvarellos Pena. Traballou na librería do seu pai e despois na litográfica La Artística. Acudiu á escola de Marcial Miguel de la Iglesia Vázquez e de Eduardo Corral, mais non fixo estudos superiores porque debía axudar na economía familiar e aforrar gastos, xa que a libraría de seu pai comezara o declive.[2] En 1911 foi destinado á sucursal da fábrica no Porto. Logo de tres anos regresou á Coruña onde foi oficinista, contador e encargado de varios negocios. Foi redactor na Coruña de Vida Gallega, colaborou en Coruña Cómica (co pseudónimo "Fabriella") e Tierra Gallega (co pseudónimo "L. de S."). Foi un dos fundadores das Irmandades da Fala e colaborou en A Nosa Terra, da que foi director na ditadura de Primo de Rivera. No ámbito teatral dirixiu os grupos de teatros dos coros Cántigas da Terra e Saudades e entre 1922 e 1926 a Escola Dramática Galega herdeira do Conservatorio Nacional de Arte Galega e fundou a editorial Lar en 1924, foi membro do Seminario de Estudos Galegos.

Durante a guerra civil española, o seu fillo Leandro Carré Brandariz faleceu en estrañas circunstancias en Asturias en maio de 1937. Carré Alvarellos foi buscalo con resultados infrutuosos, e detivérono ao volver á Coruña, polo que pasou cinco meses no cárcere.

Colaborou coa prensa emigrada e do exilio. Foi membro de número da Real Academia Galega[3], onde ingresou o 3 de marzo de 1945 coa lectura do discurso El idioma gallego en la Edad Media, respondido por Xosé Filgueira Valverde.[4] Empregou o pseudónimo de Ramón Alvariño.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]
Uxío Carré Aldao cos seus fillos, de esquerda a dereita Gonzalo, Leandro, Uxío, Lois e Carlos.

Casou con Carmen Brandariz Eiroa, e foi pai de Leandro, Ana María e Adela Carré Brandariz.

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Amor malfadado, 1918.
  • Contos e diálogos, 1918.
  • Naiciña, 1925, Lar.
  • A propia vida, 1925, Lar.
  • O home que deu vida a un morto, 1926.
  • O xornal de Mavi, 1927.
  • Nos picoutos de Antoín, 1955 (escrita en 1929).
  • Contos de pantasmas, 1972.
  • Obra inédita e esquecida, con obras escritas en 1915 e 1972 (Alvarellos Editora, 2006)
Compoñentes da Escola Dramática Galega na Coruña en 1923.
  • Noite de ruada, 1918.
  • Rexurdimento, 1918.
  • Pra vivir ben de casados..., 1918.
  • Enredos, 1919.
  • O engano, 1919.
  • O corazón dun pedáneo, 1921.
  • Un caso compricado, 1922.
  • A venganza, 1922.
  • O pecado alleo, 1924.
  • Almas en pena, 1957.

Gramáticas e dicionarios

[editar | editar a fonte]
Entrada dos poetas no SEG en 1926 en Santiago. Están, entre outros: Florentino López Cuevillas, Victoriano Taibo, Risco, López Abente, Cabeza de León, Antón Villar Ponte, Xosé Filgueira Valverde, Castelao, Otero Pedrayo, Lugrís, Leandro Carré e Jaime Vidal Rey.

Edicións

[editar | editar a fonte]

Traducións

[editar | editar a fonte]

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]

Gramáticas e dicionarios

[editar | editar a fonte]
  • Gramática gallega, 1967, Editorial Moret.

Edicións

[editar | editar a fonte]
  • Las leyendas tradicionales gallegas, 1977, Espasa-Calpe, Madrid.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy